O mal estado da rede de saneamento deixa unha nova vertedura no río Louro

Veciñas e veciños denuncian que a situación non é puntual e que o Partido Popular "leva anos destinando importantes cantidades de diñeiro a inversións ou actividades superfluas, ou que debían ser secundarias, mentres hai necesidades primordiais no máis absoluto abandono, como o saneamento municipal".

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 20/05/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

Varias persoas foron testemuñas de como as augas do Louro, á altura da parroquia de Nespereira, baixaban o pasado luns turbias e cun cheiro desagradable. Os veciños e veciñas consideran que non hai lugar a dúbidas: a vertedura procedía da estación de bombeo da rede saneamento que se sitúa augas arriba.

Vertido no río Douro. FONTE: ALTERNATIVA VECINAL.
Vertido no río Douro. FONTE: ALTERNATIVA VECINAL.

Estes veciños e veciñas lembran "con nostalxia" os tempos nos que se bañaban nas augas limpas e frescas da piscina artificial construída no leito do Louro en Nespereira, punto de encontro da xuventude da parroquia durante o verán. Hoxe, o estado das augas e do lugar, totalmente abandonado, fai que "ese recordo pareza un imposible".

Unha situación que, lamentablemente, non é nova nin puntual. O mal estado estado da rede de saneamento ten como consecuencia que verteduras deste tipo se produzan cada certo tempo por filtracións ou polas deficiencias das depuradoras de Nespereira, Amoedo ou Moscoso. E non só verteduras, nalgúns lugares os malos cheiros son case habituais, situación que Alternativa Veciñal lle trasladou ao goberno municipal sen que este, despois de moitos meses, fixera nada por solucionala.

Alternativa Veciñal xa ten criticado en reiteradas ocasións a política de gasto do Partido Popular, pois Pazos de Borbén "leva anos destinando importantes cantidades de diñeiro a inversións ou actividades superfluas, ou que debían ser secundarias, mentres hai necesidades primordiais no máis absoluto abandono, como o saneamento municipal".

AV considera que coa foza do costume se están a normalizar situacións que non se deben permitir, como son as molestias por malos cheiros ou os continuos episodios de contaminación provocados polo mal estado do saneamento. Por ese motivo, presentará unha moción no vindeiro Pleno reclamando un Plan que faga un diagnóstico da situación e que poña enriba da mesa solucións a esta problemática.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta