Buscan salvar o Macizo Central da "aberración ambiental e paisaxística" que suporá o Parque Eólico

A delegación de ADEGA en Monterrei publica o manifesto "Salvemos o Macizo Central" para acadar apoios contra o megaproxecto eólico do Parque de Rebordechao.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a ameaza que supón o Parque Eólico de Rebordechao para o valioso patrimonio natural e cultural do Macizo Central, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía das zonas afectadas a medio prazo. Ese é o obxectivo de Salvemos O Támega- ADEGA Monterrei, que publica o manifesto "Salvemos o Macizo Central".

Macizo Central. FONTE: ADEGA.
Macizo Central. FONTE: ADEGA.

A través deste manifesto, a delegación de ADEGA en Monterrei procura reunir o máximo apoio social posible de cara ao rexeitamento deste megaproxecto eólico formado por 28 aeroxeneradores, cunha potencia de 154 MW en total. Unha "auténtica aberración ambiental e paisaxística" que chega da man do grupo noruegués Statkraft e que está a ser tramitado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Xunto coa delegación de ADEGA en Monterrei, son autores tamén do manifesto Rubén Bermejo e Xosé M. Romero. Como mostra de repulsa social ante este "irracional" proxecto, os apoios acadados a través da sinatura do manifesto serán entregados diante da Dirección Xeral de Política Enerxética, organismo do Ministerio de Transición Ecolóxica que está a tramitar o expediente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta