65 aniversario do fusilamento de dous líderes maquis

José Gómez Gayoso, secretario do Partido Comunista en Galicia, e Antonio Seoane, xefe da Guerrilla Galega. Chegaron peticións de todo o mundo pedindo a súa liberación.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 05/11/2013 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O 6 de novembro de 1948, exactamente ás 7 e 45 minutos, no 'Campo das Ratas' na Coruña eran fusilados dous dos principais dirixentes as guerrillas que aínda combatían contra o Franquismo; eran José Gómez Gayoso, secretario do Partido Comunista en Galicia, e Antonio Seoane, xefe da Guerrilla Galega.

José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista
José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista

"Viva o partido comunista! Viva a Pasionaria!", foron os seus últimos berros. Gayoso e Seoane eran importantes dirixentes comunistas que chegaran do exterior para reorganizar o Partido Comunista de España. Logo de residir en distintas cidades radicáronse en Galicia. Desde facía algúns anos a Garda Civil estaba detrás deles. As súas heroicas accións deixaban en ridículo á Ditadura. Había que terminar con eles para dar un escarmento a toda a oposición, que aínda vivían clandestinamente en España.

Goñez Gayoso tiña unha longa militancia política, aínda que nacera en Maceda- Ourense, incorporarase ao PCE en Vigo, onde se radicou a súa familia. Foi Secretario do PCE en Galicia durante a segunda republica e durante a contenda militar en defensa da legalidade democrática, ocupo tarefas de moita importancia nos equipos vinculados ao Comité Central do seu partido. Era moi coñecido durante a guerra, polos seus discursos en galego. Cun altoparlante dirixíase aos seus compatriotas que estaban a pelexar ao lado fascista.

Durante a guerra foi nomeado Comisario Político e foi convidado á URSS onde coincidiu con Alfonso Castelao. Cando termino a contenda, despois de pasar polo campo de concentración en Francia, exiliouse en Cuba.

Antonio Seoane

Antonio Seoane, pola súa banda, chegara con 5 anos do seu Boiro natal até Buenos Aires. Alí formou parte da Federación de Sociedades Galegas e foi un dirixente moi importante dos Comités de Axuda á Republica. No transcurso da guerra afiliouse ao PCE.

Antonio Seoane, guerrilleiro antifranquista fusilado no 1948
Antonio Seoane, guerrilleiro antifranquista fusilado no 1948

A Garda Civil, informada da presenza de Seoane na Coruña, prepara a súa detención. O 10 de xullo de 1948 organízanlle unha trampa nun bar da cidade herculina e é detido xunto á súa compañeira sentimental. Nesa operación represiva caen tamén José Gómez Gayoso; Juan Romeu Ramos, obreiro; José Batrina, médico; José Ramos Díaz, xastre; José Rodríguez Campos, obreiro; e catro mulleres, tres delas son: María Blázquez, obreira, á que lle perforaron o estómago dun tiro; Clementina Gallego, que queda case paralítica dunha perna e Carmen Orozco, mestra nacional, en grave estado con lesión cardíaca.

No amañado xuízo que lles fixeron, Gómez Gayoso nun discurso de 18 minutos de forte contido político, valente e dramático, denunciou ao tribunal que os xulgaban e ao réxime franquista.

De todos os detidos soamente Gayoso e Seoane son fusilados. Durante o tempo que estiveron na prision, desde todos os lugares do mundo, chegaron peticións pola vida de ambos os dous loitadores antifranquistas.

"Que sexa un comunista fiel e honrado"

Gayoso nunha carta á súa muller Concha Abad que residía en Cuba, escríbelle sobre o seu fillo 'Pepe':

"Pídoche, suplícocho, que o eduques como eu quixen, para que el sexa un comunista fiel e honrado como o foi o seu pai. Ensínalle o amor ao pobo, aos traballadores, a España, a patria querida pola que o seu pai deu a vida. Edúcao no respecto e o agarimo aos dirixentes do Glorioso Partido Comunista de España, á nosa camarada Pasionaria. Este é o meu último rogo a ti, a compañeira e camarada. Estou seguro, porque te coñezo, polo que hai de honradez política en ti, que o cumprirás".

Na Arxentina a Federación de Sociedades Galegas envioulle unha carta ao Xeneral Perón para que mediase ante o ditador Francisco Franco. Tamén lle chegaron cartas ao Papa para que parase a execución.

A pesares de pasar 65 anos, Gayoso e Seone seguen sen recibir o recoñecemento merecido no Estado.Terá que ser a xustiza Arxentina a que repare a memoria destes dous loitadores antifranquistas e dos milleiros dos seus camaradas asasinados por defender os ideais da Republica e do socialismo.

José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista
José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 copularpower

Non sei senón sería Alonso Montero que introduciu o mito de que foi fusilado no Campo da Rata, absurdo que aínda recoñecendo que foi agarrotado, arrástrase na Wiki http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3... Foi executado na Prisión Provincial da Coruña dándolle garrote vil.

4 Aturuxo

Garrote debe ser da nova camada de ultradereita que pasea tranquila por este pais pq don protexidos por politicos,do PP e a policia,un troll o que pagan por meterse a comentar

1 Demócrata

¡Hola! ¡Hola! Douche o ¡Hola!

3 demócrata

Non estaban pola laboura de facerlle o xogo a terroristas estalinistas. Fixeron o ton to xogando a loitadores, pilláronos, e déronlles o que merecían cando non había ou buenismo actual. Por outra banda estes personaxes fracasados e vencidos, resultan tan irrelevantes que nin os seus haxiógrafos saben como morreron, por exemplo o caso de Gómez Gayoso...

1 Antifascista

"Demócrata de toda a vida" coma os neo franquistas. Mira ti, acabas de comentar o que eu penso de Blanco e os da sua camada, que levou o que mereceu e din que se mexou polos pantalóns cando aconteceu o de aplicarlle a xstiza popular.

2 demócrata

Non sei a que Blanco te refires, pero se aquí houbo alguén vencido, fracasado, humillado, marxinado de sempre pola sociedade, penso que son os teus ultraminoritarios amiguiños.

2 Ful de estambul

O que non ten conciencia honrada e "garrote", este país sigue moi parecido o que quedou despois da guerra civil por impresentables fascistas coma ti, que te escudas nun alias. Por outra banda espero que a memoria destes loitadores pola libertade deste pais non se perda. Viva a Republica.

1 garrote

Non sei o outro, pero Gómez Gayoso foi condeado a sufrir a pena de morte que se lle executou por garrote vil no pasillo de entreportas da Prisión Provincial da Coruña. De feito na súa tumba hai unha placa de ferro na que se di o mesmo disparate de que foi fusilado. Dous estalinistas que non deben dar pena a ningunha conciencia honrada, sexa cal for a súa ideoloxía.

1 eusi

Paredon para os feixistas