Política Social espera ter "en próximas semanas" un avance do novo modelo de residencias

En relación aos datos que sitúan Galicia á cola en gasto medio por habitante en servizos sociais, di a conselleira que "Galicia é a comunidade máis eficiente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que espera contar "en próximas semanas" cun avance do novo modelo de residencias que a Xunta quere impulsar para Galicia. "Hai un comité experto", lembrou, en declaracións aos medios este martes, nas que apuntou que se traballa sobre "tres alicerces": maior coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e a tecnoloxía.

"Nestes momentos, estamos a traballar intensamente", asegurou, para indicar, a continuación, que esperan contar en próximas semanas cun "avance dese novo modelo".

Doutra banda, e preguntada polo informe da Asociación estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que sitúa a Galicia á cola en gasto medio por habitante en servizos sociais, e no posto 13 de 17 no desenvolvemento do sistema público de servizos sociais, sinalou que o propio informe da asociación constata que "Galicia é a comunidade a nivel estatal máis eficiente na prestación de servizos sociais".

"Somos os que máis cobertura temos co investimento que facemos" engadiu, á vez que indicou que, á marxe dos indicadores que usa este estudo, se poderían usar outros que, polo tanto, revelarían outros datos e situación.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta