Temas: GALICIENCIA

A covid-19 centra 'Galiciencia en liña 2021'

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/05/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A pandemia da covid-19 centra 'Galiciencia en liña 2021', a maior feira científica que se celebra na comunidade galega e que promove o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) desde 2006.

Con esta iniciativa, que conta co apoio da Xunta e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, búscase "espertar vocacións científicas" entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato.

Galiciencia
Galiciencia | Fonte: Europa Press

O evento continúa este xoves e venres e a próxima semana daranse a coñecer os gañadores do concurso de proxectos e do de fotografías a través de Instagram.

'A innovación poscovid a través da revolución do talento' é o lema desta edición número 16, que, por segundo ano consecutivo, desenvólvese en liña pola sitaución sanitaria.

Nesta edición van participar máis de 8.000 nenos de máis de 140 centros educativos de toda España.

Temas: GALICIENCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta