Temas: ARZúA XUíZO

O xurado popular absolve a muller acusada de matar dous anciáns en Arzúa

O Ministerio Fiscal pedía para ela un internamento nun centro psiquiátrico

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/05/2021 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A muller acusada de matar dous anciáns en Arzúa foi declarada non culpable por un xurado popular no xuízo que se celebrou este xoves na Audiencia Provincial da Coruña.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

A muller estaba acusada de dous homicidios e o Ministerio Fiscal pedía para ela un internamento nun centro psiquiátrico, xa que segundo declararon as peritos psiquiátricas durante o xuízo, a acusada non era consciente dos seus actos ao sufrir un brote psicótico.

Pola súa banda, a defensa alegaba que a muller levaba un ano e medio en liberdade e que co novo tratamento que recibira podía facer unha vida normal, un argumento que refutou a doutora que a atendeu na prisión de Teixeiro tras o ocorrido.

Este era o segundo xuízo que se celebraba contra a procesada, no primeiro, en base ao veredicto do Tribunal de Xurado, a Audiencia da Coruña absolveu a acusada por falta de imputabilidade, pero acordou o seu internamento para tratamento médico por un tempo máximo de trinta anos.

Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron a madrugada do 27 de xullo de 2016. A acusada colleu un coitelo xamoneiro, entrou na habitación dos anciáns que coidaba e apuñalounos ata causarlles a morte.

Temas: ARZúA XUíZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta