A vacinación de menores de 50 anos comezará o 7 de xuño

Sanidade estuda un sistema de solicitude de cita previa para vacinar aos menores de 40. Máis dun 80% das persoas menores de 60 anos optaron por completar a pauta co fármaco de AstraZeneca tras recibir a primeira picada con el.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García, detallou que a vacinación das persoas menores de 50 anos dará comezo o próximo 7 de xuño con carácter xeral, aínda que indicou que nalgunhas áreas sanitarias poderá adiantarse á próxima semana. Así o detallou, preguntado polos medios, tras recibir a primeira dose da vacina en Vigo, onde explicou que durante a próxima semana se finalizará a vacinación das persoas con idades comprendidas entre os 50 e 59 anos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras recibir a vacina
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras recibir a vacina | Fonte: Europa Press

Ademais, apuntou que "é probable" que a finais da semana que vén poida comezarse a administrar a vacina contra a covid-19 a menores de 50 anos en determinadas áreas sanitarias. En todo caso, o conselleiro de Sanidade detallou que, con carácter ordinario, a vacinación de menores de 50 anos comezará o 7 de xuño a nivel galego.

SISTEMA DE 'CITA PREVIA'

Así mesmo, a Consellería de Sanidade  prevé implantar un sistema para permitir programar a data da vacinación tras finalizar a administración de dose ao grupo de idade comprendido entre 40 e 49 anos.  Comesaña tamén cifrou en máis dun 80% as persoas menores de 60 anos que optaron por completar a pauta co fármaco de AstraZeneca tras recibir a primeira picada con el.

A preguntas dos medios, o conselleiro reiterou que no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde "se acordou" que "a persoa que quixese poñer AstraZeneca (despois de recibir a primeira dose desta vacina) puidera pedila" e "así o está facendo Galicia". Precisamente, esta semana, o Ministerio de Sanidade achacou a "un problema de comunicación" a crenza de que se podía elixir entre AstraZeneca e Pfizer. Pola súa banda, Comesaña insistiu en que completar a vacinación dos menores de 60 anos con AstraZeneca é unha postura avalada por científicos, a Axencia Europea do Medicamento (EMA) e a propia ficha de técnica do fármaco e lembrou que Galicia expuxo esta opción como "o máis responsable" desde "o principio".

Nesta liña, indicou que a porcentaxe de persoas galegas nesta situación que optan por completar o proceso coa vacina desenvolvida por esta farmacéutica "supera o 80%" e mesmo alcanza o 90% nalgunha área sanitaria. Tamén avanzou que se prevé que se reciban 75.000 doses da vacina de AstraZeneca durante a próxima semana, polo que "está garantidas" as das persoas de menos de 60 anos que recibiron a primeira picada coa mesma. Así mesmo, o conselleiro sinalou que o Ministerio de Sanidade confirmou que se recibirán as vacinas desta farmacéutica precisas para completar a pauta dos 200.000 galegos de máis de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca.

PRÓXIMA RECEPCIÓN DE VACINAS

Así, pediu "evitar" as cuestións que "desvían a atención" e recalcou a importancia de centrarse en animar a cidadanía a vacinarse. Tamén avanzou que se prevé que se reciban 75.000 doses da vacina de AstraZeneca durante a próxima semana, polo que "están garantidas" as das persoas de menos de 60 anos que recibiron a primeira picada con ela. Así mesmo, o conselleiro sinalou que o Ministerio de Sanidade confirmou que se recibirán as vacinas desta farmacéutica precisas para completar a pauta dos 200.000 galegos de máis de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca.

Tras autorizar a EMA a administración do fármaco de Pfizer para menores de 12 a 15 anos, Comesaña avanzou que o relatorio de vacinas deberá pronunciarse "sobre o rango e o momento" e despois a Comisión de Saúde Pública deberá elevar a proposta ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Aínda que sinalou que "o lóxico" será avanzar en primeiro lugar coa vacinación das persoas de maior idade, considerou que o feito de que a axencia europea dese luz verde a esta vacina para os adolescentes representa "unha boa noticia" de cara ao próximo curso escolar.

ACTITUDE "EXEMPLAR" DA POBOACIÓN

O conselleiro de Sanidade descartou que a celebración de ceas de grandes grupos poidan representar un "problema" ante o comportamento "exemplar" mostrado polos galegos en relación ás medidas establecidas para conter a propagación da pandemia da covid-19. Neste sentido, explicou que os cidadáns "cumpren os horarios" establecidos para os establecementos de hostalaría e a limitación do número de persoas por mesa, que lembrou desde este fin de semana se incrementaron a seis no interior e dez no exterior.

"Supoño que a partir desta noite empezaremos a ver mesas de dez, pero nese sentido eu creo que (os galegos) están a ser moi escrupulosos co cumprimento das medidas", apuntou o titular de Sanidade, que afirmou que os datos da evolución da pandemia en Galicia de momento "están a avalar" as decisións adoptadas. En todo caso, sinalou que se debe insistir para que "as persoas que non cumpren estas recomendacións ou restricións" as respecten, aínda que descartou que as reunións representen "un problema especialmente grave" debido ao "grao de cumprimento das medidas que se propoñen no comité clínico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta