Candidato serio ao ascenso

O Deportivo anula o líder e gaña os tres puntos cun gol de Pablo Insúa no minuto 80. Os de Fernando Vázquez, segundos, xa están en postos de ascenso directo.

Por gcdeportes | A Coruña | 10/11/2013 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Recreativo:
Cabrero; Cifu (Córcoles, 80'), Ruymán, Menosse, Vega; Jesús Vázquez, Montoro, Dimas; Gallegos (Ezequiel, 61'), Linares (Araujo, 84') e Joselu.
Deportivo: Lux; Laure, Pablo Insua, Marchena, Manuel Pablo; Juan Carlos, Alex Bergantiños; Luisinho (Arizmendi, 91'), Culio, Seoane (Antonio Núñez, 66') e Luis Fernández (Rudy, 81').
Goles: 0-1: Pablo Insua (80').
Árbitro: Amarelas a Linares (54') no Recreativo e a Marchena (60') no Deportivo.
Incidencias: partido da 13ª xornada da Liga Adelante no Novo Colombino ante 10.732 espectadores.

Non era tan fero o líder como o pintaban. O Dépor anolu o Recre na primeira parte, estirou liñas tralo descanso e trouxo os tres puntos cun gol de Insúa coa testa nun córner. Un exercicio impecábel. O líder, de Sergi Barjuán, acabou frustrado. E o Dépor adianta o Lugo e xa é segundo, en postos de ascenso directo e a tres puntos do rival de hoxe. E iso que non xogaron os habituais. Wilk, Kaká e Juan Domínguez mancados. Rudy, Arizmendi e Borja Bastón no banco. Xogaron catro laterais: Manuel Pablo e Laure, no seu sitio, e Seoane e Luisinho por diante. En punta, Luis Fernández, que tralo primeiro gol na xornada anterior co Castela, fixo un gran partido.

Lux festexa deitado no céspede a vitoria fronte ao líder.
Lux festexa deitado no céspede a vitoria fronte ao líder. | Fonte: canaldeportivo.com

Como ben sendo tradición, o Dépor saiu a esperar o rival, ben armado atrás. O Recrea tiña o balón, pero non era quen de chegar con claridade á área de Lux. Foi no 30 o primeiro disparo dos locais, Montoro dende fóra coa zurda. Lux despexou a córner a mellor ocasión do Recre, no 33', nun remate de Linares. As mellores do Dépor foron unha falta de Culio, que saiu preto do pau de Cabrero e un chute de Luis Fernández, tamén preto do pau. Xa cos primeiros 45 cumpridos, Lux paroulle outra a Linares.

O Dépor saiu tralo paso por vestiarios máis ambicioso. Estirou liñas, adiantou a presión e o Recre foi perdendo empuxe. Antonio Núñez entrlou por Seoane para darlle maís profundidade. Juan Carlos e Luis Fernández avisaron o Recre e o árbitro anulou un gol a Marchena por fóra de xogo. Xa no 80', chegou o 0-1. Como nas Palmas, tras un córner de Culio, chegou o gol de Insúa coa testa.

O líder quedou tocado e a partires de aí, namáis que houbo un equipo sobre o campo.
Non pasou apuros o Dépor e incluso tivo algunha ocasión para o 0-2. Tres puntos de ouro. Un golpe de autoridade na casa do líder. Quinta vitoria fóra en sete partidos. Os coruñeses xa non agochan que son un serio candidato ao ascenso.

Luis Fernández tenta levar o balón diante dun rival.
Luis Fernández tenta levar o balón diante dun rival. | Fonte: canaldeportivo.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta