Activan axudas para apoiar o uso de enerxías renovables e eficiencia enerxética no sector agrícola

A Xunta destina 5,4 millóns e poderán optar a estas axudas persoas físicas ou xurídicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Xunta pon en marcha axudas por valor de 5,4 millóns de euros para apoiar medio milleiro de actuacións que impulsen o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola.

Mediante dúas liñas de subvencións, aspírase a mobilizar 22,8 millóns de euros e a que o sector poida alcanzar un aforro de 2 millóns de euros na factura enerxética e crear ou manter 184 postos de traballo, segundo explicou a Vicepresidencia segunda do Goberno galego.

A primeira das liñas de axuda, de concorrencia non competitiva, conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros procedentes do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética. Así, destinarase a 60 actuacións de implantación de tecnoloxía eficiente para reducir o consumo en polo menos un 10% en explotacións agropecuarias.

A contía máxima por proxecto situarase en 1 millón de euros e poderán optar ás axudas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras, comunidades de regadores e outras organizacións, titulares de explotacións agrícolas de regadío, entidades de produtores agrícolas, comunidades de enerxías renovables e outras cidadás de enerxía; así como empresas de servizos enerxéticos.

Mentres, a segunda liña de axudas diríxese ao sector agrícola primario. A Xunta ampliará o orzamento de 2,5 millóns de euros ata 3,7 millóns para impulsar 420 proxectos relacionados con enerxías renovables e eficiencia enerxética.

En concreto, poderán apoiarse 386 iniciativas referidas á enerxía fotovoltaica, 10 de biomasa, sete de minieólica, tres bombas de calor xeotérmicas e outro tres de aerotermia, ademais de 11 proxectos de aforro e eficiencia enerxética. A convocatoria tivo en conta datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre a renda dispoñible bruta por habitante dos municipios, xa que busca fomentar axudas para as explotacións agrarias que carezan delas e as situadas en zonas economicamente menos favorecidas.

Plásticos agrícolas
Plásticos agrícolas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta