Denuncian as subvencións da UE á minería contaminante, entre elas, a de San Finx

Ecoloxistas en Accións únese a un movemento europeo que critica que fondos europeos se destinen á industria mineira contaminante.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/06/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Organizacións ambientais europeas denuncian o aumento de apoio institucional da Unión Europea á minaría contaminante. Critican que as empresas mineiras se beneficien de subvención mineiras, como é o caso da mina de San Finx, en Lousame, que recibiu fondos dos programas europeos Horizon 2020 e EIT Raw Materials.

Mina de San Fins, en Lousame
Mina de San Fins, en Lousame

Ecoloxistas en Acción é unha das 180 organizacións que protestan contra estas subvencións públicas que "se canaliza cara proxectos de investigación de dubidoso beneficio público e control sobre os seus impactos e autorizacións ambientais", como apunta a asociación ecoloxista.

Con respecto a Tungsten San Finx S.L., Ecoloxistas en Acción denuncia que se realizaron vertidos contaminantes de metais pesados a un río que flúe cara a ría de Muros-Noia, consecuencia das probas de dous proxectos europeos. Ademais, eses fondos destináronse en parte a pagar o salario do propio director facultativo da explotación.

Ante isto, Ecoloxistas en Acción critica que Augas de Galicia non sancionase á empresa, polo que a asociación iniciou accións legais ante a posibilidade de que Augas de Galicia conceda autorización á empresa mineira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta