A Xunta cambia o deseño das "Tarxeta Benvida" en plena crise económica

Fabiola García presenta o redeseño acompañada de dúas nais beneficiarias na primeira e na última convocatoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A 'Tarxeta Benvida', a axuda directa que ofrece a Xunta en apoio ao coidado dos máis pequenos e de fomento a natalidade, estrea nova imaxe a través dun completo redeseño no que viste as cores de Galicia: o azul e o branco. Un cambio de deseño que ten lugar en plena crise económica pola Covid e que implicará gastos adicionais.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou este luns este "lavado de cara" tanto do cartón como da cesta de benvida nun acto ao aire libre e no que estivo acompañada de dúas das beneficiarias desta iniciativa.

Cruz e o seu fillo Anxo formaron parte das primeiras familias que recibiron esta prestación na primeira convocatoria no ano 2016. Ela dedicou o cartón a un uso "totalmente farmacéutico" e aproveitou a axuda para aforrarse o gasto de vacinas que non entran na cobertura da seguridade social ou para comprar un leite específico que necesitaba o pequeno.

Raquel e Marco, pola súa banda, foron parte dos beneficiarvos na última convocatoria da prestación, que dedica sobre todo a cueiros e a cuestións sanitarias (como as vacinas), necesidades que "hoxe en día teñen un custo moi elevado". "Estamos moi contentos, engadiu

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presenta o novo deseño da 'Tarxeta Benvida'. CONCHI PAZ
A conselleira de Política Social, Fabiola García, presenta o novo deseño da 'Tarxeta Benvida'. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

ACTO DE XENEROSIDADE

A titular de Política Social agradeceu a presenza de ambas as para "compartir este acto" de presentación da nova imaxe da 'Tarxeta Benvida', unha iniciativa que beneficiou xa a máis de 70.000 familias tanto a través de contías directas como con descontos adicionais nos comercios adheridos á campaña.

Así, reivindicou o apoio á natalidade como un dos "eixos prioritarios" da acción do Goberno galego, especialmente a través do cartón e da cesta de benvida que suman xa cinco anos de traxectoria e máis de 146 millóns de euros de investimento.

MEDIDAS DE APOIO

As familias beneficiarias reciben ata 1.200 euros no seu primeiro ano, o dobre no caso das numerosas (terceiro fillo ou sucesivos), que se poden estender ata o tres ou ata o catro anos no caso dos fogares que máis o necesitan. Estas contías poderían incrementarse ata un 25 por cento e chegar aos 3.000 euros ao ano no caso dos pequenos nados nas zonas rurais (núcleos con menos de 5.000 habitantes).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta