O PSdeG levará ao Tribunal de Contas "irregularidades" nos contratos da Deputación de Ourense

Denuncia que Baltar só dá subvencións "aos seus amigos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE anunciou que levará as "irregularidades" nos contratos e subvencións da Deputación de Ourense ao Tribunal das Contas para que o órgano fiscalizador da xestión económica do Estado e do sector público poña "negro sobre branco" ante o que consideran que "non ocorre en ningunha outra administración de España".

O presidente da formación en Galicia e senador, Xoaquín Fernández Leiceaga, urxiu "unha fiscalización integral das contas da Deputación de Ourense dos anos 2019 e 2020 pola anomalía que xa supón a do 2018". Segundo dixo, as "irregularidades" serán tratadas na Comisión Mixta Congreso-Senado para as relacións co Tribunal de Contas porque "son insólitas no panorama administrativo español".

O senador ironizou con que cando a "Deputación de Ourense adxudica algo por concurso ou unha subvención por concorrencia competitiva é porque se equivoca" e acusou a Baltar de "dar subvencións só aos seus amigos". Pola súa banda, o deputado e secretario da organización, Juan Carlos Francisco, manifestou que o informe do Consello de Contas foi "demoledor" sobre "a dedocracia e o enchufismo da provincia".

Os socialistas solicitou saber a opinión do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e acusaron ao Goberno Galego de "gardar un vergoñoso silencio". "A pesar de que Feijóo é opinador profesional, que opina do divino e do humano, aínda non lle ouvimos nin un segundo sobre este tema", criticou Juan Carlos Francisco.

Neste mesmo sentido, o PSdeG fixo fincapé en saber se a Xunta de Galicia tomará medidas para vixiar os recursos da Deputación de Ourense, "para que sexan distribuídos con criterios obxectivos, transparentes e democráticos, para acabar coas reparticións a dedo".

Pola súa banda, o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, criticou que "Baltar mantén a mesma tendencia en 2019" concentrando "contratos a dedo en cinco empresas e repartindo subvencións nominativas como norma", apuntando, ademais, que "o aforro por eses contratos a dedos foi nulo".

O secretario xeral do PSOE ourensán, Rafael Rodríguez Villarino; o senador Xoaquín Fernández Leiceaga; e o deputado autonómico Juan Carlos Francisco Rivera. PSDEG
O secretario xeral do PSOE ourensán, Rafael Rodríguez Villarino; o senador Xoaquín Fernández Leiceaga; e o deputado autonómico Juan Carlos Francisco Rivera. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta