A Xunta escolleu unha fundación integrada por Bacardí para dar charlas contra o alcol nos institutos

O programa está orientado á rapazada de entre 11 e 18 anos. As Anpas galegas cuestionan a decisión: "no sector público hai profesionais que levan décadas desenvolvendo ese labor".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia asinou un convenio cunha fundación de bebidas alcólicas para desenvolver actividades en institutos galegos. O acordo, que vén de ser denunciado pola Confederación de Anpas Galegas, foi anunciado pola propia Consellería de Educación a comezos do pasado mes de maio, cando se fixo pública a colaboración do goberno galego e a Fundación Alcohol y Sociedad para “a prevención do consumo de alcohol entre o alumnado de secundaria”.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asina un convenio co director xeral da Fundación Alcol e Sociedade, Bosco Torremocha. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asina un convenio co director xeral da Fundación Alcol e Sociedade, Bosco Torremocha. XUNTA

A problemática estaría en que, como denuncia as anpas galegas, a citada fundación está composta por diversas destilarías de marcas recoñecibles, como Pernod Ricard España ou a filial española de Barcardi. Esta selección non tardou en espertar as suspicacias da plataformas de nais e pais: “ou sexa, a consellaría de educación pretende que a formación sobre o consumo do alcohol para a xuventude galega sexa controlada por empresas dedicadas á produción, distribución e comercialización de bebidas alcohólicas”, pregúntanse. 

Segundo subliñaron no seu momento dende a Xunta, o obxectivo do convenio coa asociación de espirituosos pasaría por lanzar un proxecto que comezaría a aplicarse neste presente curso 2020/2021 coa previsión de amplialo outros catro anos lectivos á totalidade de Galicia. O obxectivo pasaría por “difundir hábitos de vida saudables entre os máis novos”, en palabras do Concelleiro, “e evitar en todo o momento o consumo de alcol en menores de idade”, segundo Bosco Torremocha, número un da fundación.  

EXPERTOS DO SECTOR PÚBLICO

Dende as Anpas non confían en que unha fundación conformada por empresas que subsisten da produción e venda de produtos alcólicos sexa o axente máis indicado para desenvolver este labor de concienciación.  “En Galicia temos xa unha rede de profesionais [...] que levan anos desenvolvendo os programas do catálogo da carteira de servizos en materia de prevención da xunta de Galicia”, explican dende as Anpas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde o pleno. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde o pleno. XOÁN CRESPO

“Pero é que ademais tamén dentro do sistema universitario galego, concretamente na USC, temos un nutrido grupo de profesionais que levan décadas traballando na prevención de adicións en xeral e do alcoholismo en particular”, subliñan antes de engadir que veñen de ser “recoñecidos internacionalmente polo seu traballo”.

De acordo coa Xunta de Galicia, o programa acordado con esta fundación abranguiría a rapaces de ESO, Bacharelato e FP de entre 12 e 18 anos. Estes pasarían a recibir formación "presencial ou en liña" impartida por "monitores expertos en ciencias sociais". O proxecto, artellado baixo o nome "Menores ni una Gota", conta tamén cunha segunda versión dirixido á rapazada da ESO e que estaría artellada a través dunha páxina web da autoría desta fundación escollida pola Xunta, postura que non acaba de convencer aos pais e nais implicados. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O fundamentalismo non se ve que teña bos resultados (o número de menores nos botellóns é unha evidencia!) / A páxina web parece estar ben construída http://www.lascarasdelalcohol.com/g... e se detrás están empresas distribuidoras de bebidas, non estaría demáis EDUCAR unha xuventude disposta a mellorar os seus GUSTOS como evidencia esta Coctelería en Vigo https://www.lavozdegalicia.es/notic... // Repito que os fundamentalismos antialcolícos provocan moi malos resultados !