A exposición ao radón causa o 7% das mortes por cancro de pulmón en Galicia

O estudo, publicado na revista 'Environmental Research', estima o impacto do radón na mortalidade por cancro de pulmón en España no ano 2017.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/06/2021 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O 7% das mortes por cancro de pulmón en Galicia prodúcense pola exposición ao radón, segundo un estudo realizado por investigadores da Facultade de Medicina da USC e do Laboratorio de Radón de Galicia, en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Consello de Seguridade Nuclear.

O estudo, publicado na revista 'Environmental Research', estima o impacto do radón na mortalidade por cancro de pulmón en España no ano 2017. Así, a investigación, da que informou a USC nun comunicado, constata que a exposición ao radón está detrás do 4% das mortes que se producen en España por causa do cancro de pulmón. No caso galego, esta porcentaxe ascende ata o 7% das mortes.

O obxectivo principal da análise, liderado polo profesor da USC Alberto Ruano, foi estimar a mortalidade por cancro pulmonar producida pola exposición a radón en España e nas súas comunidades autónomas. "O estudo aplica, por primeira vez, unha corrección da exposición a radón pola altura da vivenda, xa que as personasque viven en pisos altos teñen unha menor exposición", sinala o profesor Ruano.

Tras o 7% de mortes identificadas en Galicia pola exposición a este gas cancerígeno, a segunda comunidade máis afectada é Estremadura cun 6,9%. "Os datos indican que, de non corrixir a exposición a radón pola altura da vivenda, a carga de mortalidade duplicaríase", engade Alberto Ruano. A maior parte destas muertesocurren en homes fumadores e exfumadores.

METODOLOXÍA

Para esta investigación empregáronse datos do Mapa de Radón de España, cedidos polo Consello de Seguridade Nuclear _no que tamén colaborou o Laboratorio de Radón de Galicia_ e riscos de cancro pulmonar obtidos nun estudo internacional, desenvolvido polos mesmos investigadores e publicado na mesma revista en 2020,que incluíu a preto de 4.000 participantes.

"Segundo a base de datos expertscape, a investigación sobre radón desenvolvida polos investigadores do Laboratorio de Radón de Galicia da USC sitúase á vangarda internacional no estudo do radón residencial", apunta o profesor Ruano.

Os resultados desta investigación teñen importantes implicacións para o desenvolvemento de políticas públicas de redución da concentración deste gas nas vivendas e para a aplicación da directiva europea de protección fronte ás radiacións ionizantes, tanto para poboación xeral como para traballadores.

"A directiva xa debería estar en vigor en España desde 2018. Cabe destacar que toda vivenda nova debe ter protección antirradón, tal e como indica o novo Código Técnico da Edificación e que as medicións deben facerse por Laboratorios acreditados", sinala Alberto Ruano.

Por agora, o Laboratorio de Radón de Galicia é un dos poucos a nivel estatal --e o único a nivel autonómico-- acreditado parahacer ditas medicións. Este estudo enmárcase no grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia en Epidemioloxía e Saúde Pública, coordinado polo profesor Ruano, así como no Plan Nacional de Radón, ademais de ser comisionado polo Ministerio de Sanidade.

Medidor de radón da USC. USC
Medidor de radón da USC. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta