Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2025 | Actualizada ás 14:10
O Centro Tecnolóxico Aimen creou o primeiro "tanque interior crioxénico en 3D" concibido para o almacenamento de hidróxeno líquido (LH2) en aeronaves "máis lixeiras e eficientes para a aviación limpa do futuro". En concreto, a peza impresa é quen de soportar temperaturas inferiores a -250 ºC graos. Segundo trasladou nun comunicado o centro galego, esta fabricación é un "fito" no ámbito da innovación industrial e foi creada no marco do proxecto europeo Overleaf, liderado pola empresa aeronáutica española Aciturri.
Nesta liña, a entidade tecnolóxica explicou que o deseño está composto por un dobre sistema: un depósito interior de material "termoplástico", encargado de manter o hidróxeno líquido a temperaturas extremas, e unha estrutura exterior de fibra de carbono "que achega resistencia e seguridade estrutural". Así mesmo, explicou que a fabricación do tanque, de 1,5 metros de diámetro, levou a cabo nunha "cela robotizada" desenvolvida tamén por Aimen, equipada con sistemas de impresión 3D e sistemas de quecemento por infravermellos "para asegurar a correcta adhesión entre capas".
Nesta liña, o centro tecnolóxico detallou que o proceso de fabricación deste deseño requiriu "máis de 100 horas ininterrompidas de impresión" e foi monitorado en tempo real mediante cámaras térmicas. Pola súa banda, o coordinador do proxecto Overleaf, Pablo Romeu, destacou que esta solución tecnolóxica marcará "un antes e un despois" na fabricación de compoñentes para a aviación sustentable e engadiu que desde a entidade aplicaron todo o seu coñecemento en robótica, fabricación adictiva e deseño de procesos para afrontar un reto de "máxima esixencia". Ademais, o responsable do as actividades de fabricación aditiva do tanque en Aimen, Xabier Pérez, ampliou que estes proxectos demostran "como a tecnoloxía pode dar resposta aos grandes retos da descarbonización".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.