Galicia sitúase entre as comunidades onde máis crece o emprego en I+D no último ano

Concretamente Galicia incrementa nun 6,3 % o emprego en I+D cun aumento en termos absolutos de 341 persoas, situándose como terceira Comunidade na que máis crece este indicador, só por detrás da Rioxa e Castela-A Mancha.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2025 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Galicia situouse entre as comunidades autónomas onde máis crece o emprego en I+D segundo o informe Indicador adiantado do Cotec que publicou a Fundación Cotec para a Innovación no marco do seu observatorio sobre o período de xullo de 2024 a xullo de 2025. Tal e como trasladou a Xunta en nota de prensa, concretamente Galicia incrementa nun 6,3 % o emprego en I+D cun aumento en termos absolutos de 341 persoas, situándose como terceira Comunidade na que máis crece este indicador, só por detrás da Rioxa e Castela-A Mancha.

Un ritmo de crecemento "superior ao da media estatal", do 4 %, e ao daquelas autonomías líderes en I+D, como Cataluña (5,3 %) o Madrid (2,4 %). Por tanto, Galicia crece 2,3 puntos máis que a media estatal. Este dato, baseado na evolución diferencial dos afiliados á Seguridade Social, "permite anticipar en que rexións o gasto en I+D podería estar a avanzar con maior intensidade, aínda que conveña subliñar que esta é só una das variables consideradas na estimación", segundo recolle o informe elaborado pola Fundación Cotec en colaboración co Centro de Predición Económica e a profesora Eva Senra da Universidade de Alcalá.

Así, o informe, que fai unha estimación adiantada dos datos oficiais sobre o investimento en I+D en España que o Instituto Nacional de Estatística (INE) publica anualmente durante novembro, anticipa un crecemento robusto do gasto en I+D en España, pero con indicios de desaceleración e un dinamismo no emprego en I+D. Ademais, os datos de emprego en I+D en Galicia publicados confirman a tendencia mostrada na última estatística do INE relativa a 2023, que recollía un incremento do 12,2 % respecto ao ano anterior, por encima da media estatal do 7,2 %, ata alcanzar as 13.856 persoas.

Departamento de I+D+I nunha empresa
Departamento de I+D+I nunha empresa | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta