Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 27/11/2013 | Actualizada ás 08:00
Sempre quixeches ser actriz?
Como xurdiu o teu desexo pola actuación?
De nena, vendo a Maureen O'Hara en O Home Tranquilo. Quería ser como ela: imitaba o seu xestos, os seus movementos. Tamén recordo unha foto de Rita Hayworth en Gilda, que me fascinou tanto, que comecei a coleccionar recortes de revistas: fotos de actores e actrices de Hollywood dos anos 30,40 e 50, que aínda gardo!! Teño cerca de dous mil fotos.
A túa familia apoioute?
Nun primeiro momento, cos meus 18 anos, plantexar irme a Madrid facer Arte Dramático pareceu unha idea descabellada. Así que quedei en Santiago ate rematar Filoloxía Inglesa. Cumplín con eles…. E despois xa marchei para Madrid e facer o que realmente quería. E de ahí , varios anos vivindo en Andalucía, en Tarragona, Inglaterra e Xapón, traballando como bailarina e actriz. O apoio veu cando xa viron que o tiña claro.
Fixeches amigos neste traballo?
Por suposto, moi bos e en moitos lugares.
Cal é o teu inicio para crear un personaxe?
Ter canta máis información mellor do personaxe : análisis do texto, descripción do personaxe, contrastar co director, ver vídeos… e confiar na túa intuición.
Segundo ti, cales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?
Un entendemento total do personaxe e saber transmitilo con verdade, honestidade.
Cres que é difícil o teu traballo?
O máis difícil é facer ver que parece fácil… Como un músico ou un bailarín, os anos de entrenamento están detrás.
Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?
Eu disfrutaría moitísimo cunha personaxe disparatado nunha comedia de Almodóvar, por exemplo.
Cales son os teus actores favoritos, algún deles impulsoute a seguir o teu sono?
De pequena admiraba a Katherine Hepburn e a Montgomery Clift. Todo o cine clásico me inspiraba. Logo descubrín grandes talentos máis cercanos: Tosar , Victoria Abril, Carmen Maura...
Como definirías coas túas palabras un bo actor?-
Aquel que con naturalidade sabe trasmitir a verdade do personaxe. Que é versátil, que é honesto.
Para ser actor necesítase un talento... Cres que o tes?
Non che sei..!! Fai falla certa dosis de talento, pero tamén capacidade de traballo e moita resistencia para non desistir nos momentos baixos. Esto casi é o máis difícil de conseguir.
Entendo que a popularidade quitache privacidade, pero tamén che dá satisfaccións.
Non cheguei ao punto de experimentar iso. En Andalucía presentaba un programa e as mostras de afecto na rúa sempre eran agradables. Cando os niveles de popularidade se disparan, imaxino que satisfaccións, máis aló de ter mesa asegurada en calquer restaurante, non conleva moitas.
Nalgún momento subiúseche a fama á cabeza?
Xa che digo que eu deso non uso.. Jajaa!
Consumes drogas?
Máis droga que estar enganchada a este traballo, non consumo.
Que non te atreverías a facer en actuación?
Si está xustificado, ben escrito e dirixido ,penso que me atrevería con todo.
Arrepínteste de algo que fixeches na vida?
Ás veces , de non ter feito Arte Dramático no seu momento… Pero despois penso que si o tivera feito, e non vivido a vida que vivín, xa non sería eu… sería outra persoa. Así que, non… non me arrepinto!
Cres que nun actor o físico e o éxito van da man?
O físico parece que abre portas en todos os traballos, pero non o é todo. E dende logo, hai actores talentosísimos e exitosos cun físico pouco convencional.
Veste actuando toda a vida?
Actuando ou non, sempre no mundo do espectáculo. Espero!
Es dos que se preocupan polo físico ou por verse ben?
O xusto. Facer ballet e os xenes axudan bastante.
Es tímida?
Máis do que pode parecer a simple vista.
Qué proxectos tes agora?
Estou en Galicia coa montaxe da miña compañía Tirita Producións: “O Cabaré da Muller Paxaro”, un texto divertido, cancións en directo e moita iteracción co público. Unha montaxe coa que estou disfrutando moitísimo. En marzo do ano que ven, levarémola a Cataluña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.