Temas: INTERNET 5G

Galicia conta con 30 proxectos piloto para o desenvolvemento do 5G

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Galicia conta con 30 proxectos piloto para o desenvolvemento do 5G, segundo informou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. Así o expuxo este martes na xornada 'O poder transformador do 5G', na que informou sobre a evolución dos 12 casos de uso que desenvolve Telefónica no territorio galego.

O servizo limitado do 5G en España
O servizo limitado do 5G en España | Fonte: ROAMS.

Remarca que o obxectivo inmediato é que os proxectos pilotos se trasladen á vida real en sectores clave como sanidade, educación, transporte, industria, agricultura e banca, entre outros.

Respecto diso, Mar Pereira defende o modelo de colaboración entre as administracións públicas e co ámbito privado que se reflicte no nodo de colaboración 5G de Galicia.

Así mesmo, sinala que o Plan Galicia 5G da Xunta busca un despregamento desta tecnoloxía para que toda a poboación dispoña de banda ancha, a pesar das dificultades pola dispersión.

Temas: INTERNET 5G
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta