O vicepresidente segundo da Xunta culpa ao Goberno dun efecto chamada para implantar parques eólicos

O tamén conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, apelou á coordinación entre administracións para conseguir unha planificación ordenada do sector eólico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico, Francisco Conde, responsabiliza ao decreto 23/2020 --aprobado polo Goberno central en xuño do ano pasado--, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e reactivación económica, dun efecto chamada no sector eólico, o cal fai necesario avaliar o grao de maduración de proxectos que se presentan, apunta.

Conde interveu este mércores, de forma telemática, nunha mesa de debate sobre tramitación administrativa organizada no marco do Congreso Nacional Eólico, xunto con responsables de áreas doutras comunidades como Aragón, Navarra e Canarias, así como o subdirector xeral de Enerxía Eléctrica do Ministerio, Carlos Redondo.

Así, o tamén conselleiro de Economía da Xunta apelou á coordinación entre administracións para conseguir unha planificación ordenada do sector eólico. "É necesaria unha planificación que non estrese os procedementos e que estea consensuada entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e as comunidades autónomas", remarca.

Ademais, afirma que a planificación eléctrica da rede de transporte debe ter en conta as necesidades de reforzo das infraestruturas de evacuación e transporte baixo o principio de "rede única".

Eólicos en Paradela
Eólicos en Paradela | Fonte: Cedida - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta