A edición en galego toca fondo

En 2012 acadouse a cifra máis baixa dos últimos seis anos, con só 1.322 títulos editados na lingua propia de Galicia, lonxe dos 2.070 publicados no ano 2008. Por primeira vez, a edición en éuscaro supera á galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/11/2013 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Menos títulos, con tiraxes máis reducidas e cun prezo máis alto. Así de desalentador é o panorama da edición en galego durante os últimos anos. Con todo, as editoras están conseguindo manter a facturación malia a crise. Son datos do último informe do Observatorio da Cultura Galega.  

Libros de galego baixo a etiqueta de linguas foráneas no Corte Inglés da Coruña
Libros de galego baixo a etiqueta de linguas foráneas no Corte Inglés da Coruña | Fonte: Diario Liberdade

A edición en galego “tocou fondo” no ano 2012, con só 1.322 títulos editados, a cifra máis baixa dende o ano 2007 e moi lonxe dos 2.070 publicados en 2008.

Datos do Instituto Nacional de Estadística
 Ano Títulos editados en galego
2007 

1.472 
2008 2.070
2009 1.823
2010 1.429
2011 1.430
2012 1.322

A edición en galego está moi por baixo da que se fai en catalán (9.326 títulos) e por primeira vez é superado polo éuscaro (1.810) en número de títulos. Aínda que o contexto xeral de caída é global para todas as linguas do Estado, “a lingua máis afectada é a galega”, salienta o Observartorio.

Suben os prezos dos libros e destrúese emprego

Porén, as empresas mantiveron a facturación previa. En Galicia aumenta lixeiramente en 2012 con respecto a 2011, tanto na facturación total como na facturación en galego, ao contrario do que acontece no conxunto de España, onde diminúe en 2012 un 10,9% con respecto ao ano anterior.

Libros
Libros | Fonte: websafari.es

Outro dato salientable é que o prezo medio dos libros aumentou todos os anos e que as vendas de libros se incrementaron en 2012 nun 28,7% de exemplares, “polo que chama a atención que diminuíra un 10,9% a facturación” no conxunto do Estado, explica o informe. 

O estudo tamén sinala que a destrución de emprego no mundo editorial é parella á do resto de sectores económicos de Galicia. O sector do libro xenera en Galicia uns 190 postos de traballo, pero en 2012 perdéronse un 18,6% de empregos (39 postos). 

Tiraxe media

En Galicia editáronse no ano 2011 un total de 30.258 exemplares de libros, Isto dá unha tiraxe media de 1.137 exemplares por publicación, unha cifra en descenso pero non tan acusada coma no resto do Estado. En total, as editoras teñen na actualidade un catálogo vivo de libros de 13.292 publicacións, das cales 10.800 están en lingua galega.

Consulta o informe completo en pdf.

Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago
Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago | Fonte: kalandraka.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 economía

Se o galego escrito servise, fose útil, fose unha língua de posibilidades, se non se asociase cada vez mais a radicalismo, a RAG conqueriría patrocinios de empresas privadas para os seus proxectos, como os atopa a RAE para o Diccionario panhispánico de dudas, e a RAG non os atopa. A industria do galego escrito é a día de hoxe un chiringo, que de non contar coas subvencións, desaparecería, como desapareceron os xornais en galego malia estar subvencionados por falla de lectores.

1 FUN_EU

Falamos de subvencións? Por qué quixeron que o galego non fose declarado patrimonio universal pola Unesco e o baile flamenco e outras, comparativamente, patochadas similares si? Por quitarlle cartos á promoción do galego. Pero, pontífices do absurdo, a cousa é que a producción en galego está amosando ser digna, innovadora e moito máis válida que a producción en castelán; e non falo da poesía, falo en xeral, porque xa levo lido varias obras en galego de autores totalmente descoñecidos, que aportan e fan pensar e non son sacos de vaciedades como os vosos Perez R. Nin que decir ten que fago o meu humilde aporte, con todo o que me falta por coñecer, (e non quero nin subvencións nin as vosas parvadas españolistas ao lado) porque é un auténtico luxo ter a oportunidade de compartir con eles o mérito de defender e honorar esta preciosa lingua

1 Paco Peláez

Cuando faltan las subvenciones, los vividores se lo piensan más. Me alegro de que cada vez menos galleguistas puedan vivir del cuento.

1 Galahaz

Quen vos oia/lea pensará que a única industria editorial subvencionada é a galega. Pois se viras a cantidade de millóns e millóns de euros investidos na promoción do castelán, en diccionarios "panhispánicos", Academias, Institutos Cervantes, xornadas e convencións, subvencións a editoriais, centos de premios literarios con cuantiosas dotacións, etc. quizais caeses de cú. Vese a palla no ollo alleo e non se ve a viga no propio.

2 Farto

Totalmente de acordo con Galahaz, pero é aínda máis grave pola desfachatez que teñen: as subvencións ao castelán pagámolas todos, os galegos tamén. Os impostos de TODO o estado xúntaos o goberno central e fai un primeiro corte, para o que eles chaman "nacional": daí saen as subvencións a todo o mundo cultural en castelán. Do diñeiro que queda fan o reparto para as comunidades autónomas e do que lle toca a Galiza saen as subvencións para a cultura galega. Por exemplo: o auditorio "nacional" de Madrid, ou o "Teatro Real" de Madrid pagámolo todos, incluídos os galegos. O auditorio de Galiza, en Santiago, pagámolo só os galegos: un madrileño non paga nada de ese auditorio. Reparto inxusto véxase como se vexa.

3 Paco Peláez

El español es la segunda lengua más hablada en todo el mundo, y su importancia medra día a día. El que pierda sus fuerzas y su dinero en defender un idioma abocado irremediablemente a la desaparición, como el gallego, es problema suyo.

4 Farto

Pois se é a segunda lingua mais falada e tan importante e bla, bla, non necesita o diñeiro dos galegos para a súa promoción. Ningún euro máis dos impostos dos galegos a subvencionar o castelán, o I. Cervantes, os premios de literatura española e toda esa matraca. Ese diñeiro dos galegos, para a cultura galega en galego, e promocionala no mundo de fala portuguesa, que é o noso ambiente lingüístico natural.

5 André

A segunda? Creo que o inglés e o chinés están por enriba... e se quitamos todos os falantes de español de Am´´eruica indíxenas que non o saben, os de segunda lingua o español na Península, o español queda ben curto e despois nas relacións internacionais este idioma é igual a cer, superado aínda fortemente polo francés. O falar non ten cancelas...

6 Aedes

Cagadinha de Língua debe ser aquela, e os seus practicantes, que logo de mais de cincocentos asnos de asoballamento imperial foi quen de chegar aos mais diversos puntos da orbe e incapaz de conquistar o, a parentemente, seu territorio natural (será que se atopou cos feros e indomabeis celtas no seu caminho ou que os españois son unhas mariconas de moito coidado (no sentido non homofóbico do termo).

7 Aedes

Cagadinha de Língua debe ser aquela, e os seus practicantes, que logo de mais de cincocentos anos de asoballamento imperial foi quen de chegar aos mais diversos puntos da orbe e incapaz de conquistar o, a parentemente, seu territorio natural (será que se atopou cos feros e indomabeis celtas no seu caminho ou que os españois son unhas mariconas de moito coidado (no sentido non homofóbico do termo).

8 oterillo

si porque para vivir del cuento ya estas tu verdad de quien vives de tus padres de tu mujer anímate hombre y trabaja que no es malo y no seas tan pailan