Os Premios Carvalho Calero volven a Ferrol nove anos despois da súa última convocatoria

Esta será a vixésimo segunda edición

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2025 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Ferrol recupera o premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación lingüística e de Creación Literaria este ano, nove despois da súa última convocatoria. Esta será a vixésimo segunda edición.

O Boletín Oficial da Provincia publica este mércores o anuncio polo que se convoca o galardón, dotado con 4.000 euros en cada unha das modalidades. Así, coa recuperación deste premio cúmprese un dos obxectivos do goberno actual.

En concreto, os candidatos poderán presentarse a unha ou ás dúas categorías. No caso da de Investigación lingüística ou ensaio, os traballos terán unha extensión mínima de 100 páxinas e un máximo de 250, mentres que o de Creación literaria poderá ser unha narración curta ou un conxunto de contos cun máximo de 60 páxinas.

Poden participar as persoas maiores de idade con obras escritas en lingua galega e que non obtivesen o premio nas edicións anteriores, así como noutros certames similares. As obras presentaranse en soporte dixital e o prazo de entrega dos traballos finaliza o 30 de setembro.

Ricardo Carvalho Calero. XUNTA
Ricardo Carvalho Calero. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta