Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 17:51
A Audiencia Provincial de Ourense condenou a oito anos de cárcere e a cinco de liberdade vixiada a un home por violar á súa sobriña menor de idade, a cal tiña 13 anos cando sucederon os feitos, o 24 de decembro de 2018.
O tribunal considera acreditado que o acusado, que tiña 21 anos e residía no domicilio dos pais da vítima, dirixiuse á habitación da menor, deitouse ao seu lado e comezouna a tocar por todo o corpo, para, a continuación, espila e penetrala vaxinalmente.
Todo iso sucedeu "sen que a menor opuxese resistencia pola vergoña que lle daba o que estaba a ocorrer ou polo medo que tiña ao seu tío".
Ademais da pena de prisión, o tribunal imponlle a prohibición de aproximarse á súa sobriña durante dez anos. Contra este fallo, con data do 21 de xuño, cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.