Galicia e norte de Portugal impulsan a eficiencia enerxética nas instalacións de cultivos mariños

Os resultados do proxecto Acuaenergy apuntan que o sector podería reducir en 9.900 toneladas as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, e a de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, asistiron a un encontro dixital no que se presentaron os resultados dun proxecto entre Galicia e o norte de Portugal que impulsa melloras nas instalacións de cultivos mariños relacionadas coa eficiencia enerxética e a protección do medio ambiente.

O proxecto, denominado 'Acuaenergy', está avalado pola Xunta e liderado polo centro tecnolóxico do cluster da acuicultura. Constata que o sector "podería aforrar un 30% do seu consumo enerxético anual e reducir en 9.900 toneladas as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro con certas melloras neste ámbito".

Os responsables da iniciativa trasladaron ao Executivo galego os resultados, que, segundo destaca a Xunta, "permitirían gañar competitividade ás empresas e serían aplicables a outras instalacións de semellantes características en toda Europa".

Esta acción de investigación enmárcase no programa de cooperación transfronteiriza 'Interreg V-A España-Portugal 2014-2020' e conta cun orzamento de case 740.000 euros.

O proxecto Acuaenergy, avalado pola Xunta e liderado polo Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura, constata que o sector podería aforrar un 30% do seu consumo enerxético anual e reducir en 9.900 toneladas as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro con certas melloras neste eido.

Representantes da Consellería do Mar asisten ao encontro dixital do proxecto Acuaenergy. ANA VARELA
Representantes da Consellería do Mar asisten ao encontro dixital do proxecto Acuaenergy. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Os responsables da iniciativa trasladaron ao Executivo galego os resultados obtidos, que permitirían gañar competitividade ás empresas e que serían aplicables a outras instalacións de semellantes características en toda Europa. Esta acción de investigación enmárcase non Programa de CooperaciónTransfronteiriza Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 e conta cun orzamentode preto de 740.000 euros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta