"Sobe GeC porque os votantes de esquerda non queren ao BNG e PSdeG", di o PPdeG, sobre a enquisa de La Voz

Tellado subliña a baixada dos nacionalistas e dos socialistas nas enquisas de cara a unhas xerais, fronte a un PP que en Galicia revalidaría a súa maioría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destaca os datos que ofrecen sobre os populares as últimas enquisas publicadas sobre unhas eventuais eleccións galegas e xerais, das que extrae que "a pandemia non desgasta a todos os gobernos", senón "só aos malos".

A través dun comunicado, o 'número dous' do PP galego analiza en primeiro lugar o estudo elaborado por Sondaxe e publicado este domingo por 'La Voz de Galicia', segundo o cal os de Alberto Núñez Feijóo reterían a maioría absoluta no Parlamento a pesar de perder dous escanos, ata os 40, e caer case dous puntos en porcentaxe de voto desde os comicios de xullo de 2020.

Así, Tellado subliña que sería unha nova vitoria cunha "maioría absoluta clara", polo que dá as "grazas" aos cidadáns por "seguir confiando" no proxecto do PPdeG tras xestionar a pandemia da covid en Galicia.

Ademais, sobre a posible volta de Galicia en Común á Cámara galega --a enquisa de Sondaxe dálle tres escanos--, o secretario xeral cre que se debe a que aqueles que "non cren" nos populares están "a buscar alternativas extraparlamentarias en Podemos porque non confían nin no BNG nin no PSOE, porque non ofrecen garantías aos votantes de esquerdas".

De igual modo, Tellado subliña a baixada dos nacionalistas e dos socialistas nas enquisas de cara a unhas xerais, fronte a un PP que en Galicia revalidaría a súa maioría a pesar de xestionar un executivo con competencias sanitarias, educativas e en política social durante unha pandemia.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O porco de pè

Don Celidonio tellado interpretando a enquisa que o seu partido pagou. Nivel!