O IV concurso de microrrelatos de RAG e PuntoGal premia a nove historias, entre elas a da exdeputada Luca Chao

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal entregaron este luns os premios do IV concurso de microrrelatos a nove historias de ata 200 palabras. Paloma de Toro (Ourense, 1985) gañou o primeiro premio na categoría de adultos. Pola súa banda, a exdiputada de En Marea Luca Chao (Lugo, 1988) levouse o segundo premio por 'Aves de paso'. Completa esta modalidade o galardón para María Cabaleiro Alfaya (Tui, 2003) con 'Sara'.

Na categoría de 12 a 17 anos os premiados foron: Alba Guzmán (Ourense, 2003), Nayara Alonso Barredo (Salceda de Caselas, 2004) e Lucía Álvarez Puga (Vigo, 2004).

Os gañadores na categoría infantil foron: Álex Galego Couñago (Arcade, 2011), Niara Cabrerizo Collazo (Moaña, 2013) e Carmen Mendaña Vázquez (Santiago de Compostela, 2011). Todos os premiados recibirán obsequios tecnolóxicos --computadores, consolas e lectores electrónicos-- e relacionados coa lectura.

"Esta é xa unha iniciativa de referencia na que participa xente de todo tipo que sente que ten algo que dicir, e que quere facer chegar a súa mensaxe ao público en galego: desde nenos e nenas de primaria ata as persoas de máis idade, afeccionados e mesmo escritores profesionais unidos pola mesma paixón de contar historias", valorou o presidente da RAC, Víctor Freixanes.

Premiados no concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal. RAG
Premiados no concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta