O Pleno da Real Academia Galega nomeou, na sesión celebrada este sábado, á xornalista e escritora Ana Romaní académica numeraria electa. Ocupará a vacante de Xohana Torres, falecida o pasado 12 de setembro. Na mesma reunión foi elixida académica correspondente a lingüista Carme Pazos.