Os músicos da romaría de San Campio abren os actos do Arquivo da RAG para o Día das Letras Galegas

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/05/2025 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia



O Arquivo da Real Academia Galega (RAG) estrea nesta semana central das Letras Galegas unha serie na que comenta imaxes históricas relacionadas dalgunha maneira coa poesía popular e as cantareiras, ás que a institución lle dedica o próximo 17 de maio.

A selección empeza cunha estampa "de especial forza e beleza", remarca a institución, en alusión a unha inmortalizada por José Prieto Guerra na popular romaría de San Campio de Santo Ourense de Entíns (Outes).

O pousado, que comenta a académica Margarita Ledo, evoca o canto tradicional do pobo. As pezas comentadas compartiranse na sección das Letras Galegas 2025 de academia.gal.

Todas elas forman parte do fondo arquivístico dixitalizado e está dispoñible en aberto en Galiciana-Arquivo Dixital de Galicia, explica a institución académica.

Sede da Real Academia Galega
Sede da Real Academia Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta