A RAG inclúe a palabra 'Lubre' no seu dicionario a proposta de Luar na Lubre

A proposta fora trasladada polo líder e fundador do grupo 'Luar na Lubre' como unha forma de recuperar e recoñecer o valor histórico e literario do termo que conforma, tamén, o nome desta formación musical.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2025 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia



A Real Academia Galega confirmou a incorporación da palabra 'Lubre' á súa diccinario despois de que o Seminario de Lexicografía da institución ratificase a decisión o pasado 21 de maio.

A proposta fora trasladada polo líder e fundador do grupo 'Luar na Lubre' como unha forma de recuperar e recoñecer o valor histórico e literario do termo que conforma, tamén, o nome desta formación musical.

Segundo explican nun comunicado, Bieito Romero atopouse por primeira vez con esta palabra rebuscando no dicionario de Xosé Luís Franco Grande (publicado pola editorial Galaxia en 1968) en 1986, cando fundou o grupo.

Precisamente polo seu vínculo con Vigo, tanto de Franco Grande como de Galaxia, a iniciativa para lograr esta incorporación ao galego normativo arrincou na cidade olívica, onde a banda deu un concerto o pasado 15 de febreiro.

Días antes da actuación, lembran, Bieito Romero foi recibido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, que tamén mostrou publicamente o seu apoio á iniciativa de inclusión desta palabra, xa unha realidade.

Así, segundo a definición recollida pola RAG, lubre (s.m. ou s.f.) significa: "Bosque sacro onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos". É, practicamente, a mesma definición incluída por Franco Grande no seu dicionario.

"Desde Luar na Lubre estamos congratulados de que a Real Academia fose sensible á incorporación deste termo histórico e literario da nosa lingua e dámoslle as grazas a todos e cada un dos membros", destacan no comunicado.

O grupo galego 'Luar na Lubre' lanza o disco 'XX-Encrucilladas', que recompila 37 anos da súa traxectoria. XUNTA
O grupo galego 'Luar na Lubre' lanza o disco 'XX-Encrucilladas', que recompila 37 anos da súa traxectoria. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta