A Bienal de Pontevedra contará este ano con 60 artistas de 28 nacionalidades

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

As Ruínas de Santo Domingo acolleron este luns a presentación do programa de artes vivas da Bienal, que se celebrará entre xuño e setembro deste 2025 en Pontevedra e tamén nas sedes de Ponteareas, Vigo, Sanxenxo e O Grove.

A 32ª Bienal de Pontevedra abrirá as súas portas o sábado 21 de xuño. Segundo explicou o comisario da Bienal, Antón Castro, esta cita internacional coa arte contemporánea reflexionará acerca de varios temas que reflicten o momento presente da arte e os desafíos da sociedade actual "nun mundo gobernado por psicópatas narcisistas".

O título 'Volver ser humanos. Ante a dor dos demais' parte do pensamento de Rob Riemen e dos textos de Susan Sontag e suxire que só, a través da reflexión sobre o conflito, pódese redescubrir na humanidade. Máis de sesenta artistas de diversos países, incluídos algúns de zonas en conflito, participan con obras que abordan temas como a espiritualidade, o amor, a tolerancia, a verdade e a utopía "buscando ofrecer unha resposta de esperanza e convidar á reflexión e a sanación colectivas". A exposición comeza con 'Os desastres da guerra' de Goya, unha serie que establece as bases para explorar o sufrimento humano e as formas de resistencia fronte á violencia.

"Vai ser un exitazo", augura o presidente da Deputación, Luís López, que tamén destaca que "a provincia de Pontevedra é unha potencia natural, turística e cultural" algo que a Bienal "vai proxectar a todos os niveis".

Neste sentido, López afirma que a recuperación da Bienal será unha oportunidade para "consolidar á cidade e á provincia como un foro no que reflexionar sobre a condición humana", para afianzar o crecemento do turismo internacional nas Rías Baixas, "porque moitas persoas descubrirán este paraíso e despois pasará o que pasa sempre, quen proba, repite"; e un "revulsivo económico" para a hostalaría e o comercio local de toda a provincia.

SEDES

O Museo de Pontevedra será o epicentro pero a Bienal estenderase por prazas, fachadas e edificios emblemáticos de toda a cidade, que albergarán as obras de máis de sesenta artistas internacionais.

Bienal de Pontevedra. BIENAL DE PONTEVEDRA
Bienal de Pontevedra. BIENAL DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta