"As empresas autorizadas levan vehículos rotulados e a iluminación pública é responsabilidade do Concello, que conta cun vehículo serigrafiado co nome do Concello e non realiza servizo nocturno excepto emerxencias", reivindicaron dende o Concello.
  comenta   0
Para comprobar se se trata de pilas falsificadas, verifícase a calidade e se cumpren coa normativa de relativa a seguridade e marcado CE, obrigatorio tras a recente entrada en vigor do Regulamento (UE) 2023/1542
  comenta   0
Baixo o lema 'Teletransporte contra a discriminación', o obxectivo principal da campaña é esixir que "ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade".
As provincias máis afectadas foron a de Pontevedra (60) e a da Coruña (59). A continuación situar a de Lugo con 25 intervencións e a de Ourense (12). Desta forma, os concellos que máis casos rexistraron foron o de Vigo (13), Santiago (12), Ponteareas (7), A Estrada (6) e Carballedo, Lugo e Outes, con catro.
  comenta   0
O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Ramón Parada, defendeu os criterios que se aplican, "priorizando patoloxías e tendo en conta a prioridade clínica".
  comenta   0
O 112-Galicia mobilizou os servizos sanitarios e a Garda Civil para atender ao gandeiro, que sufríu unha lesión durante unha feira.
  comenta   0
"Galicia é un terreo moi difícil de controlar", resumiu o máximo responsable da rolda española, Javier Guillén, sobre as expectativas a nivel deportivo durante os próximos días
  comenta   0
Varias entidades critican a participación do equipo israelí Israel Premier Tech nesta competición. A solidariedade galega co pobo palestino protagonizará a festa da poesia do Condado.
  comenta   0
O Ateneo Amado Garra deseñou un programa de actos de recoñecemento que terán lugar o vindeiro 9 de agosto. Este senlleiro xornal en galego naceu no 1984, en Ponteareas.
  comenta   0
Interesante artigo do historiador Xosé Estévez que lembra o intento de instalación de fábricas de celulosas en diferentes localidades de Galicia a mediados dos anos 70. Concretamente detállase a oposición popular que presentaron as vilas de Quiroga e Ribas de Sil.
Este foi o primeiro ano despois da declaración desta celebración como Ben de Interese Cultural (BIC) no apartado de patrimonio Inmaterial.
  comenta   1
Colocáronlle unha soga ao redor do pescozo e tiráronlle dela, mentres lle colocaban os pés sobre as costas. Todo iso á vez que lle esixían que lle entregase o diñeiro e a mercadoría (referíndose á cocaína) que tiña consigo e que se non o facía acabarían coa súa vida.
  comenta   0
As actividades xa se iniciaron nas últimas horas coa coñecida como 'apertura dos portais', onde os alfombristas preparan os elementos vexetais que se utilizarán para a confección das alfombras que adornarán as rúas ao paso da procesión do Santísimo, o próximo 2 de xuño.
  comenta   0
A concelleira popular que chamou 'imbécil' a un edil do BNG descúlpase e denuncia unha campaña difamatoria. Os representantes dos grupos da oposición (BNG, PSOE e Ponteareas en Común) denuncian o ocorrido no pleno e lamentan as "carencias democráticas" do goberno local
  comenta   0
A Xunta asina un convenio de colaboración con Vigo para revitalizar Bouzas por valor de dous millóns de euros.
  comenta   0
Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo á caída, que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de traballo.
  comenta   0
A cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril, seguida de Santiago de Compostela do 27 de abril ao 5 de maio. O mes de maio tamén haberá feiras no Porriño, do 9 ao 12, e Lugo, do 13 ao 17. Os meses de xuño e agosto as citas literarias serán en Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e, por último, Monforte de Lemos.
  comenta   0
En total haberá 38 alumnos de 23 centros de Galicia e compítese por parellas en catro modalidades: Xardinaría Paisaxística, Sistemas Robóticos Integrados, Mecatrónica e Robótica Colaborativa. Galicia participa en 34 modalidades de 'skills', das que 29 son competicións oficiais e clasificables para os campionatos internacionais.
  comenta   0
Un pontevedrés enfróntase a seis anos e medio de prisión por ter no seu domicilio 10 armas de guerra, 32 pistolas, 34 revólveres, tres escopetas de caza, dous fusís, un mosquetón e un rifle.
  comenta   0
O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de estafa e pide para o home tres anos de prisión, así como unha multa de 2.400 euros, así como que devolva á muller 83.498 euros máis o que estime a sentenza pola subtracción de varias xoias.
  comenta   0
Os nacionalistas lograron subir en 10 puntos os votos dos comicios de 2020 en cinco dos 16 concellos máis novos de Galicia. En 10 destes 16 concellos o PP tamén subiu.
  comenta   0
Só dúas mesas clausuraron algo máis tarde, ao redor das 20.30 horas, aquelas que se constituíron con atraso, en Vigo.
  comenta   0
Segundo informou o 112, recibiron o aviso ao redor das 10,30 horas por parte do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
  comenta   0
A Garda Civil tamén informou de que investiga a un home por apropiación indebida dun vehículo, despois de ser interceptado en Redondela conducindo un coche roubado.