O mel galego recibe o recoñecemento internacional

Os London Honey Awards recoñeceron meles de Galicia coas distincións de Platino, Ouro e Prata

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Un total de seis meles de Galicia acollidas co Indicación Xeográfica Protexida (IXP) foron galordoadas na última edición dos London Honey Awards, un dos certames máis importantes dentro do setor agrícola. 

Mel de Galicia
Mel de Galicia | Fonte: Naranjalimón

O máximo galardón, de platino, recaeu en Meles JS. O poder das Floresm Ouro Puro, O Trobo-Mel do Valadouro e Conde Santo conseguían cadansúa distinción de ouro e con prata foi galardoada a Mel do Colmear "O Salgueiral". Con estes premios a mel de Galicia con IXP afírmase como un referente non só en Galicia, senón tamén fóra do noso país. 

Os London Honey Awards, a través dunha cata a cegas levada a cabo por un xurado experto, recoñeceron en edicións anteriores a calidade da mel galega. No 2020 catro meles, das marcas O Poder das Flores, Ouro Puro, O Trobo Mel do Valadouro e Meles JS, foron  distinguidas na capital británica con distincións de ouro, prata e bronce. 

Os galardóns desta edición, sumados ao recoñecemento en anos anteriores lembran a excepcionalidade da Mel de Galicia con IXP, unha etiqueta que garante a orixe e diferenciación, así como todo o proceso produtivo e a importancia dos apicultores locais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta