A Xunta négase a deixar de subvencionar o gasóleo da frota galega porque "pon en risco" a súa rendibilidade

Así o apuntou a directora xeral de Pesca tras transcender unha proposta da Organización Mundial do Comercio para eliminar bonificacións a combustibles fósiles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, advirte de que a "eliminación xeneralizada" que propón a Organización Mundial do Comercio (OMC) respecto de certas formas de subvención a esta actividade como a bonificación do gasóleo "pon en risco" a rendibilidade da frota galega.

Así se pronunciou a preguntas da socialista Patricia Otero na comisión de pesca, onde a deputada instou a "unir esforzos" para que a Comisión Europea defenda a posición de non eliminación destas axudas ante a OMC. "Si hai outras medidas para loitar contra a pesca ilegal, cando, ademais, o noso sector pesqueiro si que fai unha pesca legal, declarada e reglamentada", afirmou Otero, en concordancia co devandito con anterioridade pola directora xeral.

Así, Mercedes Rodríguez avisou de que esta situación "leva xestándose bastante tempo" e a postura da Xunta é de "rexeitamento" a esta posibilidade, "especialmente mentres non haxa un equilibrio da posición das frotas". De adoptarse, "danaría á frota galega, que practica unha pesca sustentable en todos os mares", dixo. Así, incidiu en que "se poden adoptar outras medidas para atallar a pesca ilegal" e outras prácticas inadecuadas.

Arquivo - Imaxe dun barco con mercadorías. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Imaxe dun barco con mercadorías. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta