Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 12:16
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galicia para o próximo ano, no que a Comunidade galega terá como festivos propios o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o San Xoán (24 de xuño).
Nun comunicado, a Xunta lembra que a normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 datas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada municipio. Dos 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non sustituibles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (15 de abril en 2022), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e o 25 de decembro.
No ano 2022 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo: o 1 de maio (Día do Traballo), que se substitúe polo 17 de maio, Día dás Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se cambia polo Día de San Xoán (24 de xuño).
Ademais, outro tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2022 celebrarase o 15 de abril), que Galicia non cambia tradicionalmente; e dáselle opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo.
Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.