"O Dépor é da Coruña" é parte dunha campaña do movemento #Aquítaménsefala do IES Rafael Dieste este sábado a Riazor, para levar a súa campaña “O Dépor é da Coruña” nos diferentes actos da súa festa das peñas coincidindo, ademais, co Día das Letras Galegas.
Esta artista, unha das voces máis fresca da nova música galega, reflexiona sobre a identidade, a industria musical galega e o legado das nosas cantareiras.
  comenta   0
A etnomusicóloga e activista Xulia Feixoo defende que a música tradicional foi a columna vertebral da vida galega e celebra que hoxe haxa unha boa masa de xente nova interesada en seguir turrando dela, pero tamén defende que este recoñecemento ás cantareiras "debe ir máis aló do xesto e entenderse como parte dun sistema colectivo e vivo".
  comenta   0
Rueda admite que o galego "precisa novas estratexias" para o seu uso entre mozos, sen "imposicións", mentres que Pontón pídelle que deixe de traballar "en contra" do galego e "abrir unha nova etapa". Besteiro denuncia a "falta de vontade política" do PPdeG e da Xunta para "defender" o galego.
  comenta   0
"Somos porque foron e unha cousa flipante que deberiamos divulgar unha chea é que moitas das informantes non sabían nin ler nin escribir e facían auténticas poesías", di De Ninghures.
  comenta   1
A antropóloga social e cultural, investigadora, profesora e activista defende que o recoñecemento do patrimonio oral debe ir acompañado de investimento, respecto e coidado e non quedarse só reducido a unha icona co gallo das Letras Galegas.
  comenta   0
O Concello recoñece a sete mulleres vinculadas á cidade pola súa contribución á transmisión da cultura popular a través da música
Esixe a rectificación pública do nacionalista Luís Bará por asegurar que a Xunta non facilitaba información sobre o proceso de Altri.
  comenta   1
O músico, compositor e investigador da música tradicional galega lembra o labor silencioso das cantareiras e chama a recoñecer o patrimonio que "nos constrúe como pobo". "Aquel canto das avoas era o noso espírito", comenta, visiblemente emocionado.
  comenta   0
O 16 e 17 de maio, os establecementos federados ofrecerán un 10% de desconto en obras escritas en lingua galega para conmemorar a festa das nosas letras
  comenta   0
Este brionés de 27 anos vai por toda a xeografía galega xunto a dous amigos recompilando o saber popular e as cantigas tradicionais que lembran as máis maiores. "Esta xente ensínanos a súa sabedoría de balde, sen buscar recoñecemento e sen gañar nada", pon en valor Miguel.
  comenta   0
No acto, que se celebrou este sábado na Alameda compostelá, participaron representantes municipais do BNG, do PSdeG, de Compostela Aberta, Apin, Movento Salceda, Sada maioría e Alternativa dos veciños.
  comenta   0
A programación cultural desenvolverase do 16 ao 18 de maio. O 17 de maio unha das actividades é un roteiro temático baixo o título: “No Día das Letras Galegas, percorremos Allariz da man dos seus escritores!”.
  comenta   0
O volume é dobre: inclúe unha selección de textos e un estudo crítico e ilustracións dalgunhas cantareiras con QRs para escoitalas.
  comenta   0
A portavoz do BNG considera que as políticas do Goberno autonómico representan unha "situación de emerxencia lingüística" para o galego
  comenta   0
Conversacións, concertos, itinerarios sonoros, talleres e actividades para familias e escolares completan a programación
As tres galardoadas coa distinción 'A Barca de Sálvora' foron: Vitoria Pazos, do ABC de Corcubión; María Luján Martínez Turnes, da Asociación Galega Residentes de Mos; e María Fernández Torres, de Residentes do Grove.
  comenta   0
O anuncio da 12ª edición destes premios foi realizado polo director da Axencia Galega das Músicas Culturais o pasado mércores na Sala Capitol de Santiago de Compostela. O prazo para inscricións estará aberto ata o 23 de marzo e a gala de entrega de galardóns será o 28 de maio.
  comenta   0
De que o galego está a perder espazo como idioma xa ninguén o nega. Soamente o fan os que, sen dicilo, traballan caladamente pra que vaia esmorecendo.
  comenta   0
A Real Academia Galega (RAG) pon fin así ao 2024, ano no que as Letras Galegas dedicáronselle a esta poetisa coruñesa.
  comenta   0
O vocábulo consegue o 25% dos apoios na votación popular impulsada pola RAG e Fundación Barrié, seguida de 'meu' e 'fala'.
  comenta   0
O Culturgal 2024, celebrado hai unhas semanas, reuniu en Pontevedra a 12.700 persoas. Dentro da ampla programación que se desenvolveu do 29 de novembro ao 1 de decembro espertou grande interese un espazo profesional que formaba parte do programa europeo MATE (Música, arte, tecnoloxá e educación).
  comenta   0
A primeira vez na historia de Galicia que unha banda de música interpretou o Himno Galego nunha celebración litúrxica foi na igrexa parroquial de Redondela no contexto das festas da Coca. Tal suceso aconteceu na década dos anos oitenta. Para sortear os receos que eu albiscaba no director da banda de música e o párroco, busquei a complicidade do bispo demisionario da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Araúxo, de talante galeguista, a quen convidei para que presidise a misa concelebrada. Ata entón era costume que no momento da consagración, as bandas de música interpretasen o himno español. Tradición que procedía do nacionalcatolicismo do Estado.
  comenta   0
O Concello da cidade herculina comezou este mércores os traballos de montaxe desta figura que será queimada durante os festexos do domingo, día 23, na praia de Riazor.
O portavoz parlamentario do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago, censurou que a oposición demande a derrogación do decreto do plurilingüismo como condición para sumarse ao "pacto" pola lingua galega ofrecido polo conselleiro de Cultura, José López Campos, na última sesión plenaria da Cámara galega.
  comenta   0
Di que é o da "liberdade" fronte ao "sectarismo e a imposición". Os populares reivindican a Galicia como "exemplo" de "convivencia lingüística" ante Europa nunha homenaxe a Luísa Villalta.
Dende o Galicia Confidencial saímos á rúa a preguntar aos mozos, pero propoñémosche que fagas un exercicio de reflexión a ver cantos acertas ti. Máis abaixo podes ver o listado de todos os homenaxeados.
  comenta   0