Ler e gozar da literatura en compaña de autores e autoras aproveitando as Letras Galegas

A Deputación da Coruña e AGER promoven 'Encontros coas Letras' en sete bibliotecas da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña, a través da Biblioteca Provincial, e a Asociación Galega de Escritores e Escritoras (AGER) puxeron en marcha 'Encontros coas Letras'. Trátase dun proxecto que mestura grandes autores e autoras galegos con escritores e escritoras "máis descoñecidos" e permitirá á comunidade lectora "gozar da literatura de forma directa e próxima".

Segundo trasladaron as súas promotoras, esta iniciativa inclúe sete encontros en sete bibliotecas da provincia. O primeiro terá lugar o xoves 22 de maio ás 19.00 horas na propia Biblioteca Provincial, situada na cidade herculina, e estará protagonizado polos poetas Lucía Aldao e Branca Trigo Cabaleiro.

Así o expuxeron a deputada de Cultura, Natividade González; a presidenta de AGER, María Neto, e a técnica da biblioteca, María Lema, durante a presentación deste ciclo enmarcado no 180 Aniversario da Biblioteca Provincial. "É un agasallo para as bibliotecas, os concellos e todas as persoas amantes da lectura", recalcou González sobre estas citas nas que participarán un autor ou autora "amplamente recoñecido polo público e outro escritor ou escritora de perfil máis descoñecido".

Técnica da Biblioteca Provincial, María Lema, a deputada de Cultura, Natividade González, e a presidenta de AGER, María Neto. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Técnica da Biblioteca Provincial, María Lema, a deputada de Cultura, Natividade González, e a presidenta de AGER, María Neto. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta