Miriam Ferradáns, Patricia Hermida e Cláudia Morán, finalistas do Premio Afundación de Xornalismo

O xurado do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego seleccionou estes tres textos entre os 29 presentados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Miriam Ferradáns, Patricia Hermida e Cláudia Morán son as finalistas do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, segundo se deu a coñecer este mércores nun acto na sede da Obra Social de Abanca de Pontevedra.

Deste xeito, Miriam Ferradáns compite polo seu artigo 'Dallas', publicado o 10 de novembro de 2020 en Nós Diario; Patricia Hermida, por 'Historia de como avó Antonio subiu ao ceo', publicado o 5 de maio de 2020 no Correo Galego; e Cláudia Morán por 'Un deserto', publicado o 18 de novembro de 2020 en Nós Diario.

O xurado estivo integrado por: Víctor Freixanes, Carlos Vale, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Cristina Pato. Este tres artigos foron seleccionados entre un total de 29 textos, que podían ser artigos de opinión ou de xornalismo literario escritos en lingua galega. O premio está dotado con 10.000 euros.

Na rolda de prensa, o director xerente de Afundación, Pedro Otero, destacou a "calidade dos textos presentados" e a "ardua tarefa de selección por parte do xurado".

Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, subliña a "calidade, precisión e esmero" dos traballos.

Acto para anunciar os finalistas do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. AFUNDACIÓN
Acto para anunciar os finalistas do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. AFUNDACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta