Galicia pode presumir de ter un dos mellores aires da Península

As estacións da rede do aire destacan a boa calidade do aire en Galicia, tano no ámbito rural como no ámbito urbano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia pode presumir de aire. Segundo os datos de concentración de contaminantes no aire ambiente rexistrados polos analizadores automáticos das estacións da rede de calidade do aire —un total de 48—, o país dispón dunha boa calidade do aire tanto nas cidades, como nas vilas e nas zonas rurais.

Radar instalado por Enaire en Espiñeiras (A Coruña).. ENAIRE
Radar instalado por Enaire en Espiñeiras (A Coruña).. ENAIRE

informe da calidade do aire en Galicia 2020, presentado no Consello da Xunta deste xoves, tamén salienta que os datos rexistrados o pasado ano poñen de manifesto a influencia das restricións derivadas da pandemia da COVID-19 na calidade do aire, e sobre todo a influencia directa do tráfico nas cidades.

Os datos de 2020 mostran uns niveis de contaminación inferiores respecto aos do ano anterior para unha materia relacionada directamente co trafico, como é o dióxido de nitróxeno (NO2). No pasado ano observouse un importante descenso en todas as estacións no mes de abril —o período en que se deron a restricións máis severas— e un aumento destes niveis nos meses de setembro e novembro, cando se retomou a mobilidade habitual nas vilas e cidades.

A Xunta salienta que Galicia mantén desde hai anos unha boa calidade do aire e conta cun dos mellores sistemas de control e vixilancia de toda España, "grazas a un proceso continuo de renovación e mellora da súa rede". 

COMISIÓN DE CALIDADE DO AIRE DE GALICIA

Precisamente, o Consello da Xunta deu o visto e prace ao inicio da tramitación do proxecto de

Decreto polo que se crea a Comisión de calidade do aire de Galicia, que xa foi sometido a

consulta pública previa e, polo tanto, se tramitará ao longo dos vindeiros meses. Deste xeito, a Comisión poderá constituír grupos técnicos de traballo por sectores ou temas, permanentes ou específicos, e con representación —con natureza de vogais— dos departamentos con competencias en calidade ambiental, patrimonio natural, medio rural, mobilidade e xestión de emerxencias.

Tamén estarán representados os concellos galegos, ao sumarse dous vogais procedentes da Administración local co obxectivo de coñecer a opinión e contar coa participación dos distintos municipios: un vogal para os de máis de 50.000 habitantes e outro para os de menos de 50.000. Así mesmo, tamén se computará a voz dos expertos na materia das tres  niversidades galegas e da sociedade civil, que contará con dous representantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta