A avoa que conquista as redes: "Si, si... embarazada con 90 anos"

Tamara García compartiu un vídeo en TikTok que xa superou os 3 millóns de visualizacións

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"A Julia na televisión!" Quen a coñece sorpréndese, e é que aos seus 89 anos (cumpre os noventa en setembro) toda a familia "está alucinando". "Isto é tremendo, quen contaba con isto, ninguén", afirma Tamara García, a responsable do éxito da súa avoa. Tamara, de 26 anos, compartía o 6 de xullo un vídeo nas súas redes que se fixo viral e xa supera os 3 millóns de visualizacións na plataforma TikTok. 

Tamara García e a súa avoa Julia no vídeo de TikTok
Tamara García e a súa avoa Julia no vídeo de TikTok | Fonte: @grtamara

Seguindo un trend de TikTok, Tamara faille crear á súa avoa que teñen que grabar un vídeo para que á neta lle concedan unha beca, polo que o mellor é aparecer triste. "Teño que chorar?", pregunta Julia en dito vídeo, pero a pesar do seu propósito, neta e avoa non paran de rir, contaxiando a un gran público que compartiu por redes o gracioso tiktok. 

@grtamara

JAJAJAJA NO PUEDO MÁS, te quiero abuela❤️ #broma #abuela #beca #humor

♬ sonido original - grtamara

A broma non quedou aí, pois a Tamara ocurríuselle dicir que a súa avoa estaba embarazada, ao que ela responde, "Si, si, agora con 90 anos...", pero ningunha das dúas consegue aguantar a seriedade. "Moita xente con estos vídeos dicía que as súas avoas estaban xordas ou coxas, pero pareceume que podía ser ofensivo, e a ela co que lle gustaría que todos os netos tiveran fillos, ela se puidese tería un agora mesmo!", asegura Tamara. 

UNHA VIDA LOITANDO

O que máis gratifica a Tamara é que agora que a súa avoa ten case 90 anos, tanta xente poida rir con ela, aínda máis despois de toda unha vida loitando. Tamara García comenta que a súa avoa di "O rir faime estarricar os pulmóns", e é que con este vídeo gañou 20 anos máis de vida. 

Julia quedou orfa con 14 anos, sendo a única muller e maior de 5 irmáns, aos que tivo que coidar. "Tivo unha vida bastante dura e de moita loita", comenta Tamara, quen destaca que a pesar disto o humor sempre a acompañou: "ela é unha bromista nata, sempre con humor e retranca galega, sempro foi así, e eu son en parte por como é ela". 

A alegría a Tamara veulle no sangue, só hai que comprobalo co vídeo de tiktok, pero é unha característica que comparte toda a familia, unha familia que a moza describe como "moi unidade e con moita confianza". Neta e avoa pasaron moito tempo xuntas, o que se demostra na complicidade presente no vídeo, e Tamara asegura que o carácter tan especial da súa avoa fai que ter esa relación sexa moi doado, e que a pesar da distancia (Tamara vive en Madrid) sempre se chaman por teléfono. 

Ante a acollida da publicación, incluso transpasando fronteiras, algo que a avoa non acaba de entender, Tamara García publicou nas súas redes un vídeo de agradecemento no que Julia ata intenta falar en inglés, aínda que remata en galego afirmando "Eu son a vosa abuela, bisabuela ou o que queirades!".

@grtamara

Le hemos dicho a mi abuela que su vídeo había traspasado fronteras. Os manda este mensaje. (es que es maravillosa❤️)

♬ sonido original - grtamara

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta