O PPdeG espera que os cambios no goberno impliquen un "xiro" e que haxa "colaboración" cos CC.AA.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, mostrou o seu desexo de que os cambios de ministros no Goberno do Estado impliquen un "xiro" cara á colaboración coas comunidades autónomas e, concretamente, con Galicia.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, considerou nestes cambios anunciados polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "hai claves internas dentro do que é a estrutura do PSOE". Ademais, sostivo que só afectan a "unha parte" do Executivo porque, "na outra, non ten capacidade de actuar".

"O que si é certo é que, con independencia do momento elixido, en pleno repunte da pandemia, hai un novo Goberno que esperemos que facilite a colaboración e a coordinación coas comunidades autónomas", expresou Puy, que sinalou que hai "moitas cuestións pendentes" con Galicia.

Así, asegurou que o novo Executivo deberá comezar a elaborar os novos orzamentos para 2022 despois de que os do presente exercicio fosen "os peores en moitos anos para Galicia no que se refire aos investimentos".

Deste xeito, citou "temas pendentes" como "a repartición dos fondos europeos". "Aínda seguimos sen saber cal vai ser o criterio de repartición", censurou para sinalar tamén que segue pendente o "pago dos 200 millóns de euros que a xustiza lle dixo ao Goberno de España que debe a Galicia pola falta de liquidación dun mes do IVE", apuntou.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PP
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta