As chinches, compañeiras de camiño de moitos peregrinos

Aínda que estes insectos non transmiten enfermidades, as súas picadas son molestas, polo que cómpre ter medidas de prevención nos albergues

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As Cimes lectularius, nome científico das coñecidas como chinches de cama, son uns pequenos insectos da familia dos hemípteros que se alimentan da sangue humana, provocando picadas nas persoas especialmente durante a noite, pois son animais de hábitos nocturnos. Vense atraídas pola calor corporal e o dióxido de carbono que se desprende ao respirar e poden vivir ata seis meses sen alimento. Dende o 2005, estes pequenos animais, que miden arredor duns 2mm, están presentes no Camiño de Santiago e instálanse nos albergues e hospederías. 

Varios peregrinos camiñan na última etapa do camiño de Santiago, 26 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela, A C. César Arxina - Europa Press
Varios peregrinos camiñan na última etapa do camiño de Santiago, 26 de xuño de 2021, en Santiago de Compostela, A C. César Arxina - Europa Press

Dende EZSA Sanidad Ambiental, aínda que recordan que non afectan a moitos viaxeiros, as medidas de prevención por parte dos aloxamentos e os bos hábitos de hixiene dos peregrinos son a mellor solución para facerlles fronte, pois trátase de animais que desenvolven resistencia a repelentes e insecticidas. Aínda que a súa presenza non é un motivo de alarma para os camiñantes, as picadas poden ser molestas e producir reaccións alérxicas e proído que desaparece nunha semana.

Por iso, para evitar unha mala experiencia no Camiño, tendo en conta o aumento da afluencia no ano Xacobeo, dende EZSA Sanidad Ambiental recomendan saber identificar a presenza destes insectos. Manchas escuras nas sabas, colchóns, almofadas ou rincóns preto da cama poden ser indicativo da existencia de chinches. Ante estas sinais, débese avisar aos hosteleiros.

"É recomendable que os peregrinos aprendan a recoñecer as chinches e identificar as pistas que deixan para revisar os albergues de paso", recoemnda o director de Innovación de EZSA Sanidad Ambiental, Ignacio Santamarta. Con todo, por parte dos camiñantes tamén é improtante marter unha boa hixiene corporal e lavar a roupa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta