O Concello da Coruña gastará un millón de euros en reformar campos de fútbol

Di que porr estes campos pasan cada mes 18.400 persoas.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/07/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou este mércores a adxudicación das obras de rehabilitación dos campos da Torre-Arsenio Iglesias por máis dun millón de euros. "Trátase dun paso máis na nosa aposta por fomentar o deporte base da cidade e dotar de boas instalacións á práctica das distintas especialidades", sinalou Rey aos medios tras a reunión da Xunta de Goberno Local.

As obras de mellora, cun prazo de execución de catro meses que poderían reducirse, consistirán no cambio do céspede a un de última xeración, a modificación do sistema da rega automática e a renovación dos vestiarios.

Estes campos, polos que cada mes pasan 18.400 persoas, foron sinalados pola rexedora herculina como "un dos epicentros deportivos da cidade" e por iso, sinalou que necesitan "que a infraestrutura se adapte ás necesidades das persoas usuarias.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei.. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei.. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta