O Concello de Pontedeume estuda presentarse como acusación particular no caso do mozo agredido

O alcalde do municipio asegura que "este tipo de actos non teñen cabida nunha sociedade civilizada"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O Concello de Pontedeume valora cos seus servizos xurídicos a posibilidade de presentarse como acusación particular na agresión a un mozo o pasado fin de semana na localidade.

O alcalde, Bernardo Fernández, confirmou a Europa Press que nestes momentos estase á espera de coñecer as conclusións desta consulta aos avogados sobre uns feitos que "supoñen actitudes que non teñen cabida nunha sociedade civilizada".

Fernández sinala que Pontedeume é "unha vila tranquila". "E precisamente por iso somos especialmente sensibles con este tipo de comportamentos violentos", deixa claro. "Son uns feitos deleznables", engade, "que din moito, e moi malo, de quen os executa e tamén de quen a xelea".

O rexedor eumés lembra que o posto da Garda Civil de Pontedeume iniciou de oficio unha investigación para esclarecer uns feitos que ata o momento non foron denunciados pola familia do novo, residente en Pontedeume.

Segundo explicou Bernardo Fernández, os presuntos agresores, que foron identificados pola Benemérita, non viven no municipio e son menores de idade.

Ademais, precisa que os agresores foron os responsables de subir ás redes o vídeo e que a persoa que o publicou "non é a que o grava, senón unha veciña que decidiu compartilo precisamente para denunciar estes actos contra un veciño que ten problemas de saúde mental e que é moi querido por todo Pontedeume".

Xulgados. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO
Xulgados. EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta