Un falecido de 73 anos en Ourense eleva a 2.442 as vítimas da covid en Galicia

Este home estaba ingresado con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e xa presentaba patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O falecemento dun home de 73 anos diagnosticado de covid-19 elevou a 2.442 a cifra de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia.

En concreto, segundo informou este venres a Consellería de Sanidade, este home estaba ingresado con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e xa presentaba patoloxías previas.

Esta nova morte chega despois de que na xornada deste xoves a Xunta non notificase ningún óbito relacionado coa pandemia. As dúas anteriores vítimas --dúas anciás de 88 e 100 anos, esta última usuaria da residencia García Irmáns de Betanzos-- foron rexistradas o mércores.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta