Lembrades a democracia orgánica?

Refrescar de cando en vez a memoría é un bo exercicio. E afirmo esto pois, moita xente que non quere ver a realidade, ben por simpatía ou cerrazón ideolóxica, xustifica o comportamento das ditaduras e non se atreve a denunciar o que ve e sigue coa matraca de que todo é unha manipulación da prensa.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/07/2021

Comparte esta noticia

Neste noso estado ate a chegada da democrácia e a constitución do 78, o termo democracia orgánica era o nome  co que a ditadura franquista quería branquear a cara do réxime. Non había eleccións libres; o partido único era o que estaba en todas as  institucións e cando había unha consulta, tipo referendum, aparecían máis votos que votantes.

Fidel Castro e Manuel Fraga
Fidel Castro e Manuel Fraga

Pois ben, falando con cubanos que viven hoxe eiquí e despois de escoitar o funcionamento do  sistema politico, chamado revolucionario, a conclusión é que en Cuba o que hai é unha ditadura co nome de democrácia orgánica. Algo semellante ó que había no franquismo. Non en vano Fidel admiraba ó rexime do xeneral golpista. En Cuba, solo hai un partido político legal  que o controla todo. E aínda que un pode presentarse como independente ás eleccións na illa,  ó final a purga  soamente escolle ós do partido. Ademais a xente que pertence ó partido ten unha serie de prebendas que os demais mortais non teñen. E cando hai que actuar e sair  en defensa da revolución saen pero defendendo tamén  os seus privilexios. Ou sexa: os do partido son unha casta fronte ós demais cidadáns.

O discurso chamando ó enfrontamento do presidente pra frear ós  alcumados mercenarios enviados polos Estados Unidos é a milonga que levan repetindo dende hai máis de sesenta anos todos os partidarios do réxime. O bloqueo inxusto non favorece a situación. Mais non é o culpabel de todo o que acontece na illa. O  máis triste do asunto é que,  despois da explosión dos cidadáns protestando, o sr. Canel pesidente da república tivo que enmendar a  plana  e aceptar que en Cuba a xente pasa fame física, e polo tanto  permitir  todo tipo de axuda alimentaria e de medicinas que veñan do exterior sen gravalas con aranceis. Ou sexa, recoñecer que a xente saíu á rúa protestando polo mal funcinamento dos servizos, da fame  e tamén pedindo liberdade.

As novas xeneracións de xente  xa non cren nesa revolución que, si ben tivo  acertos nalgunha parecela como a do ensino, leva sido un fracaso absoluto en  todo o demais. Pois Cuba, a día de hoxe non ten industria, e vive practicamente a expensas do turismo. E un país que nada fabrica nin cubre o autoconsumo e  depende en case todo doutros estados está condenado o a vivir sempre na miseria.

Un cubano afirmaba que hoxe a illa sobrevive grazas ás divisas dos seus emigrantes. Caso semellante ó que aconteceu en España nos anos sesenta e setenta, pois os cartos que mandaban os emigrantes en Europa  foron fundamentais pra mellorar  a nosa precaria economía.

Ben sei que os goberrnos  dos estados teñen dificil condear as ditaduras,  pois os negocios de empresas obrigan a manter unha liña de comunicación sen ferir a estas.   Pero o presidente Sánchez dixoo moi clariño: Cuba non é unha democracia. E a bos entendedores sobran máis verbas. En fin, cando nun pais os gañadores dunhas eleccións controladas polo único  partido   obriga ós que non  pertencen a el e non o apoian, pecha os canles de expresión, e trata os discrepantes como disidentes,  algo cheira a podre. A ditadura, por moitos adeptos que mova ao igual que o facía o franquismo na praza de Oriente,  caerá polo seu peso pois o conto de que a culpa de todos os males veñen do exterior xa ninguén o traga. E cando nun  pais, os que gobernan, non fan autocrítica, ou é porque están cegos, ou temen as represalias se perden o poder. Por iso, todas as ditaduras argallaron un sistema de votacións como no franquismo e  tamén en Cuba pra branquear o sistema que as pertpetúa no mando. E logo din que o país en custión é unha democracia co adxectivo de  órgánica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com