Falece unha persoa diagnosticada con Covid

A muller, de 84 anos, presentaba patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou nesta xornada o falecemento dunha muller  diagnosticada con coronavirus, polo que as vítimas mortais vinculadas á covid-19 en Galicia ascenden a 2.444. A muller, de 84 anos, faleceu no CHUVI e presentaba patoloxías previas.

Sala de UCI. XUNTA DE ANDALUCÍA
Sala de UCI. XUNTA DE ANDALUCÍA

A última vez que Sanidade notificou óbitos vencellados á pandemia foi este luns, cando comunicou o falecemento dunha muller de 76 anos de idade falecida o 16 de xullo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e que presentaba patoloxías previas.

Conforme foi avanzando o proceso de vacinación o número de falecidos que se notificaba cada día foi en descenso na Comunidade, na liña do que sucede no resto do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta