Detido tras fuxir da prisión de Pereiro de Aguiar e agredir un axente durante o arresto

O home non reingresara no centro ao finalizar o permiso ordinario.

Por E.P. | OURENSE | 23/07/2021 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo un veciño de Ourense de 36 anos de idade fuxido da prisión de Pereiro de Aguiar, á que non regresou tras un permiso, despois de agredir a un axente durante o arresto. Segundo informou a Policía Nacional, o pasado 20 de xullo activouse unha requisitoria por parte da Comandancia da Garda Civil contra un home de Ourense por non ter reingresado no Centro Penal de Pereiro de Aguiar ao finalizar un permiso ordinario.

Axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de Policía Nacional de Ourense, durante o seu labor de patrulla en vehículos policiais con distintivos, localizaron a este home na rúa Guizamonde, polo que procederon a interceptalo. Na súa fuxida, o home tentou esconderse, primeiro debaixo dun vehículo, pero unha vez localizado, e xa de pé, "empuxou un dos axentes tirándoo ao chan, emprendendo de novo a fuxida, sendo detido aos poucos metros", destacan as mesmas fontes policiais.

Na súa detención impútaselle a procura polo non reingreso en prisión e resistencia á detención por empuxar a un dos axentes, ao que tirou ao chan.

Centro penitenciario de Pereiro de Aguiar
Centro penitenciario de Pereiro de Aguiar | Fonte: Telecinco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta