Feridas cinco persoas nun choque entre un autobús urbano e un furgón en Sada

Entre os afectados está o condutor do vehículo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión cun autobús urbano e un furgón implicados na mañá deste martes no municipio coruñés de Sada. Segundo informou o 112 Galicia, o cinco persoas que precisaron asistencia sanitaria viaxaban no coche de liña, concretamente catro pasaxeiros e o condutor do vehículo, que realizaba a ruta entre o núcleo desta localidade coruñesa e Armuño.

O accidente produciuse na Avenida Xoán Vicente Viquera, á altura do número 13, uns minutos antes das 11,00 horas. Foi unha persoa particular a que alertou do sinistro ao 112 Galicia. Tras iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil e dos axentes da Policía Local.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta