Sanidade garante unha PCR "inmediata" a quen dea positivo nos tests de farmacia

Comesaña anuncia máis medios para que os resultados cheguen "canto antes" ao sistema do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade habilita un circuíto para que as persoas que obteñan positivo nos autotest que se adquiran nas farmacias poidan solicitar e obter "cita inmediata" para someterse a unha PCR que ratifique ese resultado.

Así o explicou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, quen destacou que se trata dun "fito" para frear as cadeas de transmisión.

Esa "nova ferramenta" de autotest, comentou o conselleiro de Sanidade, contará por tanto cunha "canle específica" a través dun número de teléfono 900, para que "cheguen canto antes ao sistema" os resultados positivos.

Unha caixa con test de antígenos contra a COVID-19 nunha farmacia.. Rober Solsona - Europa Press
Unha caixa con test de antígenos contra a COVID-19 nunha farmacia.. Rober Solsona - Europa Press

Ademais, aqueles que o desexen poderán realizar o autotest na mesma farmacia, coa axuda do farmacéutico. A poboación presentarase na farmacia, onde se lles dará o test que será vendido no propio establecemento. Logo o farmacéutico supervisará a toma de mostras que o paciente realiza e comprobará o resultado, que no caso de ser positivo se rexistrará no sistema. Julio Comesaña indicou que o obxectivo disto é que "non se saturen os centros de saúde e que haxa unha canle áxil para obter unha cita inmediata para facer unha PCR".

Ademais, esta proba vai permitir obter o certificado negativo necesario para entrar na hostalaría. Este expediráse a partir do próximo xoves, non vai ter curse adicional e a validez vai ser só para o ámbito galego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta