Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 19:09
Máis de 200 compromisarios de Europa e América déronse cita no VII Encontro Internacional de Empresarios Gallegos del Mundo, que se desenvolveu no Eurostars Illa da Toxa este xoves baixo a organización da Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama), en colaboración con Amega (Asociación Mundial de Empresarios Gallegos), que se presentou de forma oficial neste evento.
Estiveron presentes Julio Lage (Aegama), Sara Dobarro (Aegare), Carlos Fernández (Aega-Cat), Eduardo Pahíno (Aegard), Miguel Prieto (Aegap) e José Manuel Brandariz (Aegusa).
A asociación mundial de empresarios galegos destaca que nace impulsada polos valores de "galeguidade, internacionalización, innovación, excelencia, calidade, colaboración e confianza", e está integrada por Aega (Arxentina), Aegasp (Brasil-Sao Paulo), Aegare (España-Aragón), Aega-Cat (España-Cataluña), Aegama (España-Madrid), Aegusa (Estados Unidos), Umegal (México), Aegap (Portugal), Aegard (República Dominicana) e Aegu (Uruguai).
Os seus obxectivos conxuntos foron ratificados nun convenio que se asinou en abril de deste mesmo ano. Este xoves, no encontro na Toxa, expertos departiron sobre cuestións como a novo paradigma baseado na dixitalización, a innovación responsable, a sustentabilidade e o benestar relacional.
Emprendedores de diferentes países presentaron, presencialmente e vía internet, os seus negocios, proxectos e startups a diversos fondos de investimento: Grupo Landon, Keiretsu, Liechtentein, Extension Fund e Grupo Santander.
A xornada foi clausurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.