Ames pide un cribado porque "moitos veciños" non están vacinados e "non poden acceder" ao interior de hostalaría

Critica á Xunta por non telo feito xa porque se pedíu cando o númer de casos activos en Ames subiu a 197.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O Concello de Ames solicita un cribado porque "moitos veciños" aínda non recibiron a vacina contra a Covid-19 e "non poden acceder ao interior dos locais de hostalaría" ao atoparse o municipio en nivel alto de restricións, polo que deben presentar un certificado de vacinación ou unha proba negativa.

Por iso, informou o Concello de Ames, o alcalde desta localidade, Blas García, púxose en contacto coa Xerencia Sanitaria de Santiago co fin de solicitar un punto móbil para realizar un cribado entre os veciños.

O alcalde alega na solicitude "a situación de restrición" en que se atopa o concello e que "son moitos as veciñas e veciños que non recibiron a vacina" e, por tanto, "non pode acceder ao interior dos locais de hostalaría". A carta á xerencia sanitaria enviouse, concretaron as mesmas fontes municipais, "o día en que se coñeceu que o número de casos activos en Ames sobe a 197".

As mesmas fontes puntualizaron que o número de casos activos "non deixou de crecer nas últimas semanas" ao pasar "en só 15 días de 40 aos 197 rexistrados na actualidade". O pasado sábado 31 de xullo Ames pasou ao nivel alto de restricións pola situación epidemiolóxica pola Covid. Iso esixe, lembra o Concello, para acceder ao interior da hostalaría un certificado de vacinación con pauta completa, acreditar unha proba negativa de Covid-19 nas últimas 72 horas ou presentar un documento que garanta que a persoa pasou o virus no últimos seis meses.

"MÁIS XENTE NOVA"

"Ames é un dos concellos con máis xente nova en Galicia e no cal aínda quedan moitas persoas por vacinar", indica o Concello, polo que o alcalde solicita ese cribado. "A proba redundaría no beneficio dos veciños de Ames e ao mesmo tempo nos locais de hostalaría, un dos sectores máis prexudicados pola crise da Covid-19", expón o alcalde.

Cribado no aeroporto de Alvedro
Cribado no aeroporto de Alvedro | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta